O goberno socialista afasta do centro as zonas de aparcamentos mentras leva 6 anos prometendo que habilitará estacionamentos xunto ao instituto e detrás da Ludoteca mentras segue recadando a base de multas.
O Partido Popular de Ponte Caldelas considera unha desproporción derivado dun afán recadatorio para cadrar as maltreitas contas municipais o feito de que nos primeiros tres meses do ano o Concello emita multas que sumadas superan os 12.000 euros orzamentados por este capítulo para todo o ano 2021.
O voceiro do PPdeG na Corporación Municipal, Antón Xil, lembroulle no pasado pleno as declaracións que facía Andrés Díaz cando estaba na oposición e acusaba ao anterior rexedor, Perfecto Rodríguez, de “querer coser a multas aos veciños de Ponte Caldelas”, por ter orzamentados tan so 6.000 euros para toda unha anualidade.
O PPdeG considera máis idóneo empregar métodos máis pedagóxicos e preventivos para concienciar á cidadanía que ir directamente a impoñer sancións con claros fin recadatorios ante a dramática situación económica que padecen as arcas municipais. Así nos primeiros tres meses o Concello de Ponte Caldelas leva tramitadas multas de tráfico, a práctica totalidade por estacionamento incorrecto, que superan os 12.700 euros.
FALTA DE ESPAZOS CÉNTRICOS ONDE ESTACIONAR: 6 ANOS DE PROMESAS SOBRE NOVOS APARCADOIROS QUE SEGUE SEN CREAR
O aumento de multas prodúcese, segundo os populares, coincidindo coa eliminación de zonas de estacionamento no centro da vila o que está motivando a preocupación e protesta do sector comercial que ve como, pola ausencia de aparcadoiros operativos, os seus clientes optan por ir a mercar a outros municipios limítrofes onde esta circunstancia está perfectamente resolta.
Ademais, os populares poñen de relevancia o feito de que o alcalde leve 6 anos gobernando e prometendo que instalará novas zonas para estacionar vehículos próximos ao centro da vila sen que se chegue a ningunha solución práctica xa que a compra do terreos á Comunidade de Montes de Cuñas, xunto ao instituto (unha das súas ideas estrela do momento) segue sen efectuarse e o aparcamento detrás da Ludoteca acumula xa un retraso de anos co transtorno que esto ocasiona a veciños, usuarios e comerciantes de Ponte Caldelas.
DOUS AXENTES MÁIS PARA MULTAR E QUERE MERCAR UNHA MOTO PARA A POLICÍA LOCAL EN LUGAR DE SOLICITAR UNHA SUBVENCIÓN Á XUNTA
Mentras se dá esta circunstancia o alcalde anuncia que en verán reforzará a plantilla da Policía Local con dous novos axentes (pasarían a ser 4 en total) e que gastará casi 20.000 euros na compra dunha motocicleta para favorecer a patrulla dos axentes o que, para o PPdeG, evidencia de novo a súa mala xestión porque opta pola compra con recursos municipais deste vehículo en lugar de optar a unha subvención específica da Xunta para estes temas como fan tódolos demais concellos de Galicia.
Para o PPdeG “o que está claro é que Díaz atopou pola vía de “coser a multas” unha nova vía de financiamento, doada e rápida para taponar os enormes buracos e falta de liquidez do Concello que tivo que levar a recoñecemento extraxudicial de débeda uns 404.000 euros en facturas sen pagar do ano 2020 e 700.000 euros no exercizo anterior, cun remanente de tesourería que el cifra en 18.000 euros mentras outros concellos similares ou de menor entidade superan o medio millón de euros no seu resultado final”, indicaron os ediles populares.
AS MULTAS BUSCAN UNHA RECADACIÓN URXENTE PARA PAGAR OS SOLDOS DOS EDÍS DO GRUPO DE GOBERNO, O MÁIS CARO DA HISTORIA
O Grupo Municipal do PPdeG anunciou que no vindeiro Pleno volverá solicitar ao alcalde que priorice ante os axentes da Policía Local medidas de carácter preventivo e pegadóxico sobre comportamento cívicos incorrectos en lugar de recurrir a medidas sancionadoras e á imposición de multas que o único que busca é recadar pola vía da urxencia os cartos que lle fan falla para seguir pagando os altos salarios que lle paga aos concelleiros do grupo de goberno, o máis caro da historia de Ponte Caldelas”.




