O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou esta mañá a residencia de maiores de Campolongo para felicitar o 101 aniversario da súa usuaria máis lonxeva, Olga Macías. Aproveitou para conversar coa centenaria á que lle entregou un ramo de flores e convidou a uns churros, un dos seus postes favoritos.
Olga Macías leva 27 anos nesta residencia de Campolongo, desde a súa apertura. Durante o acto tamén estiveron presentes os seus familiares que celebraron o humor e bo estado de saúde da homenaxeada.




