HomePontevedraA ParadantaArbo súbese o Bus do Teatro

Arbo súbese o Bus do Teatro

- Anuncio -spot_img
  • A función terá lugar o 18 de maio
  • A proposta está indicada para un público maior de 16 anos, as prazas son limitas e as inscrición que se farán nas oficinas do Concello de Arbo finalizan o 15 de abril.
  • O autobús saíra ás 14:00horas dende o Auditorio do Centro Multiusos

O Concello de Arbo, en colaboración co Centro Drámatico Galego, organiza a actividade “Sube ao Bus do Teatro”, no que os interesados participaran no Programa de Mobilidade do Centro Dramático Galego e acudir a ver o espectáculo de teatro OS ACTOS E AS PROFECÍAS, en Santiago de Compostela, ó autobús é de balde dende Arbo e a entrada con un prezo reducido ascende a 3euros.

Arbo será unha das paradas do autobús do teatro. Coincidindo co seu 40 aniversario, o Centro Dramático Galego (CDG) puxo en marcha unha nova edición do seu programa de mobilidade, unha iniciativa que ofrecerá autobuses gratuítos para achegar a súa produción cultural e teatral ao público en toda Galicia.

O evento terá lugar ó 18 de maio e a proposta está indicada para un público maior de 16 anos, a saída esta programada para as 14:00horas dende o Auditorio Mulitusos de Arbo para asistir a función que terá lugar ás 18:00h.

A obra “Os actos e as Profecías” é a produción central na celebración do 40º aniversario do Centro Dramático Galego. O espectáculo, dirixido por Tamara Canosa e Xacio Baño, ten como fío condutor os chamados talent shows, un dos formatos televisivos de maior éxito nos últimos anos.

O Prazo de inscrición abrese o 2 de abril nas oficinas municipais, rematando o 15 de abril. As prazas son limitadas e por orde de inscrición.

Publicacións Relacionadas