HomePontevedraO CondadoAs alcaldesas de Salvaterra, Salceda e Porriño despregaron unha pancarta cun lazo...

As alcaldesas de Salvaterra, Salceda e Porriño despregaron unha pancarta cun lazo negro en condolencia cos familiares das vítimas do accidente no Alto da Brava

- Anuncio -spot_img

Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra do Miño xunto coas rexedoras de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira e de Porriño, Eva Garcia despregaron hoxe unha pancarta cun lazo negro no viaduto de Parderrubias, na estrada PO-510, preto do Alto Da Brava onde pasou o venres pola noite, o accidente no que morreron unha muller e dous dos seus fillos.
As alcaldesas amosaron deste xeito a súa condolencia e dos concellos que representan cos familiares das vítimas.
A alcaldesa de Salvaterra indicou que solicitará á Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, unha reunión para analizar as condicións de seguridade desta estrada PO-510, de titularidade autonómica que presenta un alto nivel de perigosidade.

Publicacións Relacionadas