HomeO MorrazoMarínAs Escolas Deportivas Municipais ofertarán 22 disciplinas

As Escolas Deportivas Municipais ofertarán 22 disciplinas

- Anuncio -spot_img

O 6 de setembro ás 16.30 horas será a tradicional festa de presentación das escolas na Alameda e no Parque Eguren. 

As Escolas Deportivas Municipais volverán co arranque do curso académico, para poder fomentar e achegar unha ampla oferta deportiva á rapazada de Marín. 

Aínda que será o venres 6 de setembro cando se faga a tradicional presentación oficial das escolas, o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, xa adiantou cales serán as modalidades que se ofertarán este ano, que son: 

Disciplina Club Lugar
Salvamento Club S.A.P.O. Piscina Municipal
Paddle Surf Imua Paddle Surf Club Real Club Mar de AgueteAguete 
Fútbol sala Marín Futsal Pavillóns do Sequelo, Club Deportivo La Peña Cañota, Illa de Tambo e San Narciso
Atletismo Club San Miguel Estadio Municipal de San Pedro
Taekwondo Triatlón Club Mats Taekwondo Rúa Inferniño, 10 Club Deportivo Pinarium Escola Naval Militar

Voleibol Club Deportivo SEI San Narciso  Pavillón Colexio San Narciso

Baloncesto Club Baloncesto Pavillón da RañaPeixeFresco Marín 
Waterpolo Club Waterpolo Pontevedra Escola Naval Militar
Ximnasia rítmica Club Rítmica Agarimo Pavillón Illa de Tambo Club Rítmica Inmare Pavillón IES Mestre Landín
Remo Club de Remo Ría de Marín Porto de Marín
Kickboxing Asociación de Boxeo de CEIP CarballalPontevedra 
Ximnasia acrobática Club Ximnasia Vila de Pavillón do Colexio San Marín Narciso
Natación Soom Management Piscina municipal
Vela Real Club Mar de Aguete Porto de Aguete
Judo Fútbol Club Dom+ Judo Marín Pavillón da Raña Escuelas de Fútbol Villa de Estadio Municipal de San Marín Pedro
Tenis Pádel Club de Tenis Marín Pavillón da Laxe Seimarin2019 SL Pistas de pádel do Colexio San Narciso
Boxeo olímpico Team Thunder Pavillón da Raña
Ciclismo Clube XSM Pavillón da Raña e exterior
Piragüismo Club Piragüismo Tambo Porto de Marín

A festa de presentación destas 22 modalidades, tal e como se indicaba anteriormente, será o 6 de setembro na Alameda e no Parque Eguren, a partir das 16.30 horas. 

O procedemento de inscrición é o mesmo ca en anos anteriores. O prezo da actividade para o participante será de 50 euros para todo o ano (desde o 1 de outubro ata o 31 de maio), que deberán abonarse directamente ao club ou entidade organizadora, segundo a forma de inscrición establecida por cada un e da que se informará no evento de presentación. 

Tamén será neste evento no que se repartan os impresos de inscrición, que tamén estarán a disposición das entidades organizadoras durante o prazo de inscrición, que irá do 13 ao 24 de setembro. Asemade, poderá accederse a eles a través da web do Concello de Marín.

Publicacións Relacionadas