HomeVigoO PorriñoAs familias do Porriño aprenden a identificar os problemas de visión dos...

As familias do Porriño aprenden a identificar os problemas de visión dos nenos e a importancia que teñen no proceso de aprendizaxe

- Anuncio -spot_img

• O Centro Cultural volveu completar aforo onte na segunda das xornadas para profesionais e familias “Acompañando na aventura de crecer” baixo o título “Visión e atención”

O Centro Cultural do Porriño acolleu onte a segunda das xornadas “Acompañando na aventura de crecer”, que nesta ocasión versou sobre a visión e atención.
Da man da optometrista Blanca Olmedo, familias e profesionas abordaron como a visión inflúe directamente no nivel de atención e no rendemento escolar.
Máis alá de ver “ben” ou “mal”, a visión pode afectar á nosa capacidade para realizar unha tarefa de cerca durante un tempo determinado, conseguir concentrarnos nas preguntas que estamos lendo nun exame ou incluso prestar atención ao encerado mentres hai alguén movéndose ao noso carón. Os/as participantes na xornada puideron experimentar de primeira man algunha destas dificultades, e comprender así que senten os/as peques para poder detectalas e axudalos/as da mellor maneira posible.
Estas xornadas de crianza para familias e profesionais organizadas polo Concello do Porriño, que este ano chegaron á súa terceira edición, gozan sempre dunha gran acollida.
Arrancaron o 16 de febreiro abordando a importancia do sono nos/as nenos/as da mand e Isabel Portela, graduada en Enfermería experta e diagnóstico e tratamento dos trastornos do sono, continuaron onte con Blanca Olmedo e a visión, e finalizarán esta terceira edición o vindeiro 19 de abril, a cargo da fisioterapeuta especialista en desenvolvemento infantil, Yolanda García. Baixo o título `O corpo e o movemento do/a neno/a como ferramenta para a súa aprendizaxe´.

Publicacións Relacionadas