HomePontevedraAvanza a reparación das cámaras frigoríficas do mercado

Avanza a reparación das cámaras frigoríficas do mercado

- Anuncio -spot_img

A concelleira Anabel Gulías visitou esta mañá os traballos de emerxencia que poderán estar rematados nun par de meses.  

A Concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías visitou esta mañá as obras de reparación das cámaras  frigoríficas do Mercado de Abastos que se viron especialmente prexudicadas polas chuvias do inverno que  incrementou o caudal de auga cara estas instalacións. O investimento desta obra de emerxencia é de  242.410,47 euros e rematará nun par de meses.  

A concelleira explicou que « son obras que non son visuais » pero « estamos metendo man nas tripas do  mercado xa que neste mandato nos puxemos como obxectivo renovalo e que fose un punto neurálxico  desta zona ».  

A intervención consiste na reparación das cámaras frigoríficas coa mellora do seu selado « para evitar que  poida haber algunha interferencia como xa sucedeu nos temporais e poñelas a funcionar tendo os  equipamentos modernos requeridos xa que se adquiriu nova maquinaria e instalouse un depósito novo ».  Entre as obras que se realizan está a ampliación do diámetro das tubaxes polas que discorren as verteduras  dos postos da planta baixa para evitar atascos, e dando máis pendente a esta rede.  

 A concelleira lembrou que son as obras « máis ambiciosas que se fixeron dende que eu son concelleira, e  facía falta porque o mercado hai que coidalo e mimalo». As obras están desenvolvéndose tratando de  respectar ao máximo o funcionamento do equipamento. 


Publicacións Relacionadas