Desde a concellería de Infraestruturas e Sostibilidade informan do peche ao tráfico mañá mércores dun carril na N-555, que une Redondela con Peinador. O perigo de derrube dunha árbore sobre o tendido eléctrico obriga a este peche “xa que o propietario da finca precisa utilizar un camión grúa para a retirada da árbore”, explica o concelleiro Roberto Villar. O tramo afectado da estrada está situado entre a igrexa de Santo Estevo de Negros e a ruta da senda auga, coñecida como “Curva do río”. Un carril da estrada estará pechado entre as 8.00 e as 15.00 horas, e o paso de vehículos estará regulado por semáforos.
Desde a concellería que dirixe Villar aproveitarán estes traballos “para facer unha limpeza de biomasa e renovar os farois de alumeado público nese tramo substituíndo as luminarias actuais por lámpadas led de baixo consumo”.




