HomeVigoBaionaBaiona decreta tres días de loito oficial e garda un minuto de...

Baiona decreta tres días de loito oficial e garda un minuto de silencio hoxe ás 12:00h na praza do Concello de Baiona

- Anuncio -spot_img

O Concello de Baiona mostra a súa solidariedade en memoria das vítimas da DANA.

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, convocou á primeira hora desta mañá unha Xunta de Portavoces extraordinaria e urxente e propuxo aos grupos políticos mostrar a solidariedade do Concello de Baiona decretando tres días de loito e convocando un minuto de silencio ás 12:00 horas na praza do concello. “Agradezo a todos os grupos políticos municipais o consenso alcanzado como mostra de respecto ás vítimas e as súas familias. En nome da veciñanza de Baiona, quero trasladar as nosas condolencias aos familiares que sufriron a perda dun ser querido. O Concello de Baiona ponse ao dispor dos damnificados”.

Durante estes días de loito, as bandeiras ondean a medio mastro en todos os edificios municipais.
Desde o Concello de Baiona anímase á veciñanza para partir neste acto.

Publicacións Relacionadas