O club de Ximnasia In Mare de Marín participou esta fin de semana no Campionato Provincial Pontevedra Fase I de conxunto Escolar, Conxunto Promoción e individual Promoción, evento organizado pola Federación Galega de Ximnasia e que tivo lugar no pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra. Entre os éxitos máis destacados atopámonos coa medalla de ouro para o equipo alevín promoción integrado por Mikaela Ferradas, Noa Iglesias, Sara Corral, Elva Pintos, Carlota Díaz e María Moldes. E a medalla de bronce obtida por María Moldes na Individual promoción categoría alevín.
As prebenjaminas (María Veiga, Iria Peon, Ainhoa Silva, Xiana Otero) aínda que non alcanzasen o pódium dérono todo sobre o tapiz e han defendendo con coraxe o seu exercicio, mostrando unha enorme evolución.




