Bos resultados no campionato galego júnior para os judokas do Clube de Judo Baixo Miño celebrado este pasado domingo en Santiago.
Despois de tantos meses sen competicións e adestrando con moitas restricións o que queremos resaltar é o traballo que fixeron os nosos judokas todo este tempo de covid.
Os resultados son:
VERONICA PEREZ PACHECO -ORO 57kg
NOA GONZALEZ DÁ COSTA EVANXELISTA -BRONCE 70KG
CARLA LOMBA QUINTAS – QUINTO POSTO
Saray Vicente, Pablo Cadilla, Martin Souto e Víctor Adrover tiveron unha boa participación sen poder chegar ao podium
Agradecer o traballo dos dous adestradores que acompañaron á deportistas Elena Cañibano e Saúl Álvarez.
Parabén a todos e sorte nos próximos compromisos




