HomeO MorrazoMarínCantodarea vivirá, un ano máis, un San Xosé diferente

Cantodarea vivirá, un ano máis, un San Xosé diferente

- Anuncio -spot_img

A concelleira de Festas, Marián Sanmartín, mantivo unha reunión con representantes da comisión de festas e da Asociación de Veciños de Cantodarea para coñecer o que teñen pensado realizar para manter vivo o espírito da festa, aínda que non se poida realizar coma outros anos debido á crise sanitaria.

As festas de San Xosé de Cantodarea volverán ser máis visuais que de verdadeira celebración, dadas as circunstancias sanitarias nas que nos atopamos. A concelleira de Festas, Marián Sanmartín, mantivo unha reunión con representantes da comisión de festas de Cantodarea e da Asociación de Veciños desta zona.

Tal e como explican desde a comisión, iniciouse xa o reparto de banderiñas para que os veciños poidan penduralas das súas ventás. Estes elementos danse á vontade, para que cadaquén poida realizar o donativo voluntario correspondente, e que poden recollerse de 19.00 a 21.00 horas no baixo anexo á cafetería Apolo.

En total, repartiranse 5.000 bandeiriñas. A isto sumarase a tirada de bombas de palenque e de fogos de artificio, que estarán financiados polo Concello.

Tanto a representante do Goberno local como os asociados aseguran que non hai outro xeito de conmemorar estas festas, que esperan volver nalgún momento á normalidade, cando supoñan un fervedoiro de xente e de movemento neste barrio de Marín, que ten unha gran tradición con San Xosé.

Publicacións Relacionadas