HomePontevedraComeza a substitución das marquesiñas de autobús na avenida de Redondela

Comeza a substitución das marquesiñas de autobús na avenida de Redondela

- Anuncio -spot_img

Hoxe luns comezan o traballos para a substitución de todas as marquesiñas de autobús na avenida de Redondela. O operativo comezará esta tarde no Alto da Encarnación, e continuará ao longo da semana en dirección Vigo ata o Centro de Saúde de Chapela. En primeiro lugar retiraranse as marquesiñas actuais e posteriormente instalarse as novas, seis en total. Os traballos prolongaranse ata a próxima semana.

Este renovación das marquesiñas pode provocar algunhas molestias puntuais no tráfico neste tramo da N-552, e a policía estará regulando a circulación.

Publicacións Relacionadas