• As tarefas de reforestación levaranse a cabo en outubro, novembro, decembro, xaneiro, febreiro, marzo e abril en espazos acordados coas comunidades de montes de Cerdedo-Cotobade
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, levou a cabo o acto oficial de sinatura do convenio mediante o cal se promove o plan de contratación forestal da man de Climate Project by CO2 Revolution mediante o cal vanse contratar un mínimo de 10 persoas para as plantacións que se van levar a cabo nos meses de outubro, novembro, decembro, xaneiro, febreiro, marzo e abril.
Estes contratos laborais enmárcanse dentro do pioneiro e ambicioso proxecto de rexeración de espazos que foron pasto dos incendios forestais e que permitirá plantar uns 250.000 árbores nas comunidades de montes de Tenorio, Borela, A Chamadoira, Cobas, Quireza, Rebordelo, Loureiro, Vilar e Casal, no concello de Cerdedo-Cotobade.
Segundo consta no convenio asinado “estas accións de carácter social son necesarias para conseguir a inserción persoal, social e laboral ou previr o risco de exclusión dos membros da unidade económica de convivencia independente que se van a levar a cabo durante o último trimestre de 2021 e o primeiro cuatrimestre do 2022”.
Entre os compromisos adquiridos por parte de Climate Project Squad by Co2 Revolution co Concello de Cerdedo-Cotobade figuran todas as accións encamiñadas ao desenvolvemento dos elementos necesarios para promover estabilidade persoal, o equilibrio da convivencia e a inserción e participación social. Tamén se prevé a contratación de máis de 10 persoas para as plantacións que se van a levar a cabo neses meses.
Finalmente, establécese un plan formativo para facilitar ás persoas contratadas a adquisición de novos coñecementos educativos e formativos específicos, regrados ou non, dentro dos obxectivos de desenrolo sostible da Axenda 2030 das Nacións Unidas.
CERDEDO-COTOBADE FORMA PARTE DUN PROXECTO PIONEIRO EN ESPAÑA PARA REFORESTAR ZONAS VÍTIMAS DOS INCENDIOS FORESTAIS
O Concello de Cerdedo-Cotobade forma parte dun proxecto pioneiro en España orientado a recuperar medioambientalmente os montes obxecto de incendios forestais a través dun proceso de reforestación que permitirá que máis de 462 hectáreas do termo municipal afectadas polos lumes no ano 2017 reciban a plantación duns 250.000 árbores. O proceso de reforestación comezou hai un mes en Borela coa plantación de 10.000 exemplares e que se extenderá ás comunidades de montes de Tenorio, A Chamadoira, Cobas, Quireza, Rebordelo, Loureiro, Vilar e Casal.
As especies a reforestar con este proxecto serán o Pinus Pinaster, Pinus Radiata, Castanea Hibrida, Punus Aviam, Quercus Robur e Betula Alba, entre outras, coas que se intentará recuperar para bosque a unha das zonas máis castigadas polos incendios forestais dos últimos anos e a parcelas sen masa arborizada.




