HomeTabeirósCerdedo - CotobadeCubela logra a colaboración da Xunta para erradicar un vertedoiro incontrolado e...

Cubela logra a colaboración da Xunta para erradicar un vertedoiro incontrolado e ilegal no vello campo de fútbol de Almofrei

- Anuncio -spot_img

• O Concello recabou a colaboración de Medio Ambiente para eliminar o lixo depositado xunto ao trazado do roteiro saudable recentemente inaugurado e advirte de que tomará serias medidas para evitar novos episodios contaminantes como este
O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, recabou a colaboración da Consellería de Medio Ambiente para erradicar un vertedoiro incontrolado e ilegal existente no vello campo de fútbol de Almofrei, xunto ao trazado do retoeiro saudable que acaba de
ser sinalizado e inaugurado.
Cubela agarda que nos vindeiros días se desprace ata o antigo campo de fútbol de Almofrei unha brigada da Consellería de Medio Ambiente especializada en erradicar este tipo de verquidos ilegais que atentan gravemente contra o patrimonio natural do concello e que supoñen un posible foco insalubre que hai que eliminar.
O alcalde asegurou sentirse “moi apenado pola presenza de entullo e lixo a carón do roteiro saudable de Almofrei, recentemente sinalizado e inaugurado para disfrute e lecer da veciñanza e das persoas que estes días nos visiten. Non estamos dispostos a permitir este tipo de comportamentos que non so son incívicos senón que representan un atentado contra o noso patrimonio natural e un foco insalubre para a veciñanza”.
O rexidor manifestou o seu enfado e indicou que redobrarán esforzos e solicitarán a colaboración veciñal para evitar que se volvan repetir este tipo de comportamentos que “non so afean o noso entorno senón que son unha mostra clara da falta de empatía e consideración cos demais e co medio ambiente”.
O alcalde apela á concienciación veciñal para “perseguir este tipo de comportamentos que levan aparaxedas importantes multas e procesos sancionadores para os autores que cren que viven na impunidade e están lexitimados para deixar o seu lixo nun espazo para o disfrute de todos. E esto non pode ser e evitaremos por todos os medios que se repita”, aseguro indignado Jorge Cubela. inicia en Almofrei a posta en marcha dunha nova iniciativa definida baixo o nome xenérico de “Roteiros Saudables” para fomentar a práctica da
actividade física regular dun xeito accesible, seguro e atractivo para a poboación residente e visitantes. Está a piques de rematarse outra en Carballedo e porase de inmediato en servizo outra en Borela e Viascón, ademais de en Cerdedo, a coñecida como “Ruta do Colesterol”, e outra en Quireza.
Este proxecto, que foi presentado polo alcalde, Jorge Cubela, e o encargado das instalacións deportivas, Óscar Barreiro, xurde coa intención de poñer ao alcance de calquera persoa cunha condición física normal un sendeiro para poder camiñar ou facer deporte percorrendo diferentes rutas perfectamente sinalizadas que permiten visitar espazos de recoñecido interese natural, cultural, arquitectónico ou mesmo polo seu carácter social para os practicantes.
Así, o Concello de Cerdedo-Cotobade para deseñar este Roteiro Saudable recurre á colaboración veciñal para establecer os percorridos máis acaídos e que dean resposta a unha serie de parámetros que as fan recomendables para a práctica da actividade física como que sexan circulares, non teñan unha extensión superior aos 4 ou 6 quilómetros e se
desenvolvan cunha duración media aproximada duns 45-50 minutos.
DIFICULTADE EN FUNCIÓN DAS POSIBILIDADES DE FALAR DURANTE A RUTA
As carácterísticas de cada ruta estarán perfectamente explicadas a través un panel informativo onde figurará a lonxitude, o tempo estimado a invertir no seu percorrido a marcha normal, así como unha serie de recomendacións. A intensidade relativa catalogarase como “moi baixa”, “baixa”, “moderada”, “vigorosa/alta” e “moi vigorosa/alta” e estará en función das posibilidades de falar durante o seu percorrido, é dicir, se non
hai dificultade para falar, si se pode falar dun xeito cómodo, se se fala con dificultade, se hai fala limitada ou frases curtas ou si se aprecia moita dificultade para conversar.
Segundo o alcalde Jorge Cubela, “queremos facer da participación veciñal un activo para a posta en funcionamento polo menos dunha ruta en cada unha das nosas parroquias e lugares de especial interese para axudar a xerar contornas urbanas e periurbanas máis atractivas que inviten aos cidadáns a usalas con fins saudables. Ademais, queremos aumentar a camiñabilidade do municipio, o que pode contribuír á redución de transporte motorizado e con el, a pegada de carbono. Con esta iniciativa tamén pretendemos promover a socialización das persoas e o fortalecemento do tecido social, incorporar o valor sanitario a rutas de especial relevancia cultural e histórica e fomentar a participación e coordinación dos diferentes axentes implicados na promoción da saúde e/ou promoción da actividade física para o benestar persoal”, indicou o rexedor.
“En definitiva —asegura Jorge Cubela— o que pretendemos o noso auténtico reto está en ser capaces de convertir este Roteiro Saudable nunha actividade divertida, interesante e valiosa para todos e que aumentará as posibilidades de mellorar a saúde física, psicolóxica e social da cidadanía. En resumo, fagamos que toda a sociedade poida participar e gozar da actividade física dun xeito seguro e atractivo, independentemente da súa condición persoal”, sinalou o alcalde.
Para coñecer e facer un seguemento dos Roteiros Saudables o Concello de Cerdedo-Cotobade habilitou un acceso en redes sociais como facebook
(https://www.facebook.com/cotobadecultura) e instagram
(https://www.instagram.com/roteeiros/) e tamén no blog
(http://roteirosemais.blogspot.com/…/ruta-saudable…)

Publicacións Relacionadas