O alcalde Jorge Cubela logra que o concello de Cerdedo-Cotobade sexa pioneiro en Galicia na reforestación masiva de 20.000 árbores e da recuperación “verde” dun dos territorios máis castigados por incendios forestais nos últimos anos na provincia de Pontevedra. Así, o rexidor propiciou a suscrición dun convenio coas comunidades de montes de Tenorio, Borela, A Chamadoira, Cobas, Quireza, Rebordelo, Loureiro, Vilar e Casal e CO2 Revolution, empresa especializada en aplicar a intelixencia artificial á enxeñería forestal que permitirá actuar no vindeiro outono nunha superficie dunhas 462,69 hectáreas. As especies a forestar serán o Pinus Pinaster, Pinus Radiata, Castanea Hibrida, Punus Aviam, Quercus Robur e Betula Alba, entre outras. Este proxecto pioneiro en Galicia, no que participou o Concello de Cercedo Cotobade como mediador, supón recuperar bosque a unha das zonas máis castigadas polos incendios forestais dos últimos anos e a parcelas sen masa arborizada. Para elo presentouse o proxecto ás distintas comunidades de montes do concello e, guiadas polo servizo municipal de medio ambiente e en colaboración cos distritos forestais, seleccionáronse posibles parcelas que cumpriran cos requisitos técnicos do proxecto. CO2 Revolution, a empresa que levará a cabo a actividade e que subscribiu o acordo coas comunidades de montes, é pioneira a nivel mundial no uso de novas tecnoloxías para reforestar enormes superficies con maior eficiencia e en tempos moi baixos. En concreto para esta actuación elixirase o sistema de plantación máis adecuado á contorna e máis eficiente, que permite repoboar con especies autóctonas unha superficie arrasada polo lume ou afectada pola desertificación ata 100 veces máis rápido que mediante medios tradicionais. SEMENTES INTELIXENTES PREXERMINADAS Para iso, CO2 Revolution emprega big data, as sementes intelixentes (“iseed”) embebidas nunha cápsula biodegradable que as protexe, asegurando a máxima efectividade no proceso de plantación. Trátase de sementes prexerminadas que tamén contan con súper compoñentes para potenciar a súa xerminación e impedir o crecemento de malas herbas. A reforestación, que comezará no outono deste ano, suporá ademais a contratación de persoas da zona. O que será un dos máis importantes proxectos ambientais da comarca convértese ademais nun programa máis ambicioso de desenvolvemento local, social e económico para a zona. TRANSICIÓN ECOLÓXICA CARA A UN MODELO SOSTIBLE PARA FIXAR POBOACIÓN E CREAR EMPREGO Segundo Juan Carlos Sesma, un dos directivos de CO2 Revolution, “investir en árbores supón investir en futuro en todos os sentidos e o Concello de Cercedo-Cotobade é un exemplo institucional dunha verdadeira transición ecolóxica cara a un modelo de desenvolvemento sostible. A iniciativa local atopa así unha fórmula nova e rendible para a recuperación forestal, social e económica da zona”, indicou Sesma. CO2 Revolution, leva a cabo iniciativas de carácter ecolóxico e de recuperación de espazos de biomasa forestal autóctona e sostible coa colaboración de empresas como LG, Banco Santander, Grupo Siro, Leroy Merlin, Sprigfield, Mapfre etc. Para o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, “lograr que unha iniciativa destas características teña como protagonistas aos montes do noso concello é un logro importante de xestión e unha clara aposta pola recuperación do patrimonio natural do noso municipio despois das ondas de lume que devastaron por completo zonas do noso ecosistema de gran interese. O impulso de estratexias deste tipo propician unha verdadeira transición ecolóxica cara a un modelo de desenvolvemento sostible no campo, que contribuirá ao reto demográfico de loitar contra o despoboamento e o abandono da actividade no medio rural ao tempo que contribúen a preservar o legado natural recibida dos nosos ancestros e que temos a obriga de transferir ao nosos descendentes incluso en mellores condicións das que o recibimos”, indicou Cubela. “Así, será un concello pioneiro na reforestación e recuperación do bosque perdido polo lume e sumarase a unha experiencia sen “Así, Cerdedo-Cotobade será un concello pioneiro na reforestación e recuperación do bosque perdido polo lume e sumarase a unha experiencia sen comparación en Galicia e que xa se ensaiou con éxito en Estremadura, Murcia, Palencia, Guadalaxara, Burgos e Palencia”, sinalou o alcalde. comparación en Galicia e que xa se ensaiou con éxito en Estremadura, Murcia, Palencia, Guadalaxara, Burgos e Palencia”, sinalou o alcalde.




