O equipo de goberno manteñen como proxectos estrela para este ano a Residencia e Centro de Día de Carballedo, a recuperación dos petróglifos do Lérez e o cambio na xestión do Servizo de Axuda no Fogar para ofrecer unha mellor atención.
O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, presentoulles aos voceiros da oposición o proxecto de orzamentos municipais para o 2021 que se levarán a aprobación ao vindeiro Pleno da Corporación que terá lugar no mes de maio e no que se pecha unha cifra total de 4.068.110 euros, cunha partida en Servizos Sociais récord que duplica a do ano anterior e que chega ata 1.429.938,71 euros e un investimento medio global por veciño superior a 900 euros.
As contas municipais pasan no capítulo de Servizos Sociais de 724.026 euros do ano
2020 a prácticamente o dobre, con 1.429.938,71 euros ocupando esta partida máis do
35% do total das contas arroxando un investimento de 250,99 euros por habitante o
que supón acadar a “excelencia” en Servizos Sociais, segundo os parámetros dunha
entidade independente e prestixiosa como a Asociación de Directores e Xerentes desta
materia.
Antes da fusión esta cifra situábase en 56 euros por veciño, unha cifra moi superior á
de moitas vilas e cidades con moita máis poboación e orzamento con índices de
envellecemento moi similares. Despois da unión entre os concellos de Cerdedo e
Cotobade o volume situouse no intervalo 80-100 euros por veciño e agora ese
investimento sitúasse nos 250,99 euros por habitante, unha cifra inimaxinable e que
fala ás claras da aposta do Concello de Cerdedo-Cotobade polo benestar da veciñanza
e a solidariedade nas súas contas municipais.
APOIO A ASOCIACIÓNS E COLECTIVOS VECIÑAIS E CULTURAIS
Outro dos capítulos de especial relevancia nesta proposta de orzamentos figuran a
adicada ao apoio a asociacións e colectivos veciñais e culturais do municipio para os
que se propoñen as seguintes suvbencións nominativas: Asociación Astronómica Sirio
(500,00 € | Promoción do Observatorio), ANPA de Carballedo (500 euros), ANPA de
Tenorio (700 euros), ANPA de Cerdedo (500 euros), Fundación Amigos de Galicia
(3.000 euros | Convenio de Servizos Sociais para alimentos), Os Trazantes de Tenorio
(2.000 euros), Banda Música Tenorio (5.200 euros), Asoc. Cult. Foula (2.000 euros)
Afoutes do Canón de Pau (1.000 euros), ás Pandereterias de Quireza (1.000 euros), Os
Abrentes de Cerdedo (1.000 euros) e a Asociación Cultural Terra de Montes (600
euros).
UNS 756.766 EUROS CONSIGNADOS INICIALMENTE PARA INVESTIMENTOS
No apartado de investimentos consígnase inicialmente un importe de 756.766,86
euros, que supón o 18,60 % do Orzamento e que permitirá facer a aportación
municipal para a execución do proxecto de construcción dunha Residencia e Centro de
Día da Terceira Idade en Carballedo, así como a adquisición de diferentes equipos
informáticos e unha hidrolimpiadora. O investimento medio por habitante cífrase
neste Orzamento en máis de 900 euros por veciño mentras que concellos similares
esta cantidade soe oscilar entre 150 e os 400 euros por habitante/ano o que dá boa
idea da cobertura a todas as demandas da veciñanza e permitirán manter un moi bo
nivel de infraestruturas e servizos públicos.
“Trátase dunha cifra importante e superior á do pasado exercicio e que ademais
establecemos como punto de partida tendo en conta que os plans provinciais, a
solicitude de subvencións e convenios e as xestións que están a froitificar con outras
administracións pola capacidade negociadora do goberno incrementarán
notablemente esta contía e permitirán dar continuidade a importantes proxectos en
marcha ou emprender outros novos, como a reforma da estrada Cerdedo-Caroi, a
dotación de maquinaria ao pavillón de Cerdedo, a posta en valor dos petróglifos, a
melloras das pontes medievais, roteiros de senderismo, e diversos programas para a
mellora da rede viaria, a extensión do saneamento e o abastecemento, dos parques
infantís e dos locais parroquiais, entre outros investimentos”, indicou Jorge Cubela.
“DÉBEDA CERO” E CONXELACIÓN DAS TAXAS E DAS RETRIBUCIÓNS DOS ÓRGANOS
DE GOBERNO E SUPRESIÓN DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS
Por outra banda, os orzamentos abondan na estabilidade orzamentaria e na solvencia
económica do Concello de Cerdedo-Cotobade cunha reserva simbólica de 4 euros no
capítulo de gastos financeiros xa que esta administración local ten “débeda cero” ao
non ter que amortizar nengún crédito por ter as súas contas totalmente saneadas e
con autusuficiencia económica. Asemade, continúase coa supresión do Imposto de Construcións, Instalacións e Obras (ICIO), que xa fora derrogado con anterioridade, e
prácticamente conxélanse todas as taxas vixentes como o Imposto de Bens Inmobles
(IBI), o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM-a popular “viñeta”), etc. así
como as retribucións dos órganos de goberno municipal.
SÉGUESE CONTANDO CO MILLÓN DO FONDO ADICIONAL DE FUSIÓNS
Nos orzamentos tamén se fai constar, no capítulo de ingresos, as transferencias
correntes que se esperan obter do Fondo de Cooperación Local da Comunidade
Autónoma no exercicio 2021 en base aos ingresos obtidos no exercicio precedente da
Consellería de Facenda incrementado no importe correspondente ao Fondo Adicional
de Fusións para concellos que se prevé ingresar no exercicio 2021 en base aos ingresos
dos últimos exercicios por este concepto que se estima nun millón de euros.
Finalmente, Jorge Cubela cualificou estes orzamentos de “realista e estable que sostén
a nosa ambición en investimentos e servizos públicos grazas ao noso modelo de
xestión e ás posibilidades derivadas da fusión aprobada en outubro de 2016. Co punto
de partida dunhas contas saneadas con débeda cero e acadada a estabilidade
orzamentaria, imos seguir apostando polo crecemento e o futuro para conferir moitas
máis opcións para o noso Concello, tentando revertir a problemática demográfica que
afecta estruturalmente a todo o interior da comunidade galega e de gran parte de
España. Imos centrarnos en alomenos manter o bo nivel de prestación de servizos
públicos e tentar reforzalo nas áreas con máis necesidades ou naquelas nas que
dispoñamos de máis recursos co obxectivo de converter a Cerdedo-Cotobade nun
lugar axeitado para vivir”.
“AUMENTAR A CALIDADE DE VIDA DOS VECIÑOS PARA MEDRAR DE XEITO
ORDENADO SEN PERDER A SENDA DA RECUPERACIÓN EN TEMPOS DE PANDEMIA”
No obxectivo marcado por Cubela está “tentar aumentar a calidade de vida de todos
os veciños, ademais de cuns servizos públicos de calidade, cunhas infraestruturas
viarias, de abastecemento, sociais, culturais e de lecer grazas aos completos plans de
investimentos. Imos seguir apostando polos Servizos Sociais, dadas as características
da nosa veciñanza, para aumentar a calidade de vida de todos. Tamén imos
desenvolver e impulsar con medidas orzamentarias efectivas diversos plans
económicos e empresariais que permitan a xeración de riqueza e de proxectos
industriais e laborais que confiran aos veciños unha oportunidade, non só para vivir,
senón tamén para traballar neste municipio”.
En definitiva, o grupo de goberno presentará ao Pleno para a súa aprobación un
proxecto de orzamento para o ano 2021 “responsable, realista e ambicioso que se
conxugará cos criterios de eficiencia, optimización, contención de gasto e estabilidade
para medrar de xeito ordenado e non perder a senda da recuperación en tempos de
pandemia” indicou o alcalde. Concello de Cerdedo-Cotobade O grupo de goberno do Concello ten unha gran capacidade de xestión e logro de investimentos públicos doutras administracións como os Baños do San Xusto, mellora de estras autonómicas, as vivendas sociais das antigas casas dos mestres de Cerdedo, a ampliación da Residencia da Terceira Idade e Centro de Día de Cerdedo, que se acaba de licitar o seu equipamento, a humanización do trazado interior da parroquia de Tenorio, a construción do Centro Sociocultural de Tenorio, a reforma do local da Banda de Música de Tenorio e a prevista inversión no local da Banda de Música de Cerdedo, a construción do Centro Cultural e Turístico Antonio Fraguas, en Carballedo, etc.




