- Despois dos días de choiva volvéronse a acondicionar as piscinas da Carixa para o goce de todos e de todas
- Taboada agradece á oposición que por fin sirvan para algo e avisáranos da necesidade de limpar os fondos da piscina, aínda que Taboada bota de menos que esa información tívoa que coñecer polos medios de comunicación no canto de recibir unha chamada directamente dos grupos do PP e do BNG
Onte o rexedor estivo ultimando persoalmente as limpezas das piscinas da Carixa, para que volvan lucir como fai un par de semanas.
Taboada quere aproveitar para informar a todos os visitantes que poden gozar das instalacións da Área Recreativa da Carixa sen ningún problema, a pesar das comunicacións alarmantes que realizaron os grupos da oposición PP e BNG, que polo visto non lles sentou moi ben as últimas declaracións que realizou o goberno de Xuntos.
O rexedor quere recalcar que agradece aos grupos da oposición que lle informaran da necesidade de limpar novamente as piscinas para o goce dos visitantes, pero non lle gustou a forma de decatarse, debido a que no canto de chamalo directamente preferiron dicilo nas redes sociais e na prensa, dando a entender que non fan o seu traballo correctamente, do que non informaron os medios é de que, por motivos do Covid-19 cambiaron as regras do xogo, porque anteriormente enchíanse as piscinas e baleirábanse posteriormente para volvelas a encher, pasando un día enteiro ou “máis” esa auga encharcada, e agora polo contrario mantemos un caudal de auga corrente coma se fose o propio río que estea a rexenerar esa auga constantemente, o que conleva a que arrastre sucidade proveniente do río e instálese no fondo das piscinas, unhas piscinas que como ben di Taboada, están mal chamadas, debido a que non teñen un circuíto de depuración interno, senón que se abastece directamente da auga do río, o que en moitas ocasións como agora deposita sucidade no fondo.
O goberno de Xuntos está a estudar a posibilidade de facer estas piscinas estancas e con circuíto propio de depuración, e así poder ter unhas piscinas nesta área marabillosa de moita máis calidade, e agradece toda a colaboración veciñal que informan de danos para que o goberno poida emendalos en tempo récord, como foi nesta ocasión. Taboada séntese satisfeito de que a oposición só tivese problemas con esta actuación que xa se solucionou, e lémbralles que Vila de Cruces é de todos, e que arrimen o ombreiro, e está a desexar ver como aproban o proxecto de conversión destas piscinas no próximo pleno ao cal poidan levalo.




