HomePontevedraDomínguez felicita á Asociación de Párkinson pola próxima apertura do seu novo...

Domínguez felicita á Asociación de Párkinson pola próxima apertura do seu novo local na Oliva

- Anuncio -spot_img

• O líder da oposición pon en valor o traballo de Apropark, que leva 21 anos atendendo a pacientes e familiares, porque “son fundamentais para o seguimento, acompañamento e terapia do paciente crónico, dando un soporte indispensable”

O portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, e a responsable da área de Servizos Sociais dos populares, Silvia Junco, enxalzaron o traballo da Asociación de Párkinson Provincia de Pontevedra (Apropark) e felicitáronos pola próxima apertura do seu novo local, nas galerías da Oliva, para mellorar a prestación dos seus servizos.

Despois de recibir aos representantes da directiva na sede local do partido, o líder da oposición quixo visitar as novas instalacións nas que se concentrarán as actividades da entidade con sesións de fisioterapia, clases de ioga, pilates e outros adestramentos mente-corpo para impulsar a capacidade funcional das persoas con párkinson, ademais de mellorar a súa calidade de vida e fomentar a súa integración e igualdade a través do exercicio físico.

Domínguez puxo en valor o traballo da asociación, que leva máis de 20 anos atendendo a pacientes e familiares da provincia – con sedes en Pontevedra, Bueu e Vilagarcía de Arousa – porque “son fundamentais para o seguimento, acompañamento e terapia do paciente crónico, dando un soporte indispensable”.

Desde a oposición, os populares demandan ao Concello maior compromiso social e económico para que Apropark poida ofrecer un servizo de máxima calidade entre os usuarios da súa nova sede na capital da provincia.

Publicacións Relacionadas