HomePontevedraDomínguez reúne á Xunta Directiva do PP de Pontevedra para facer balance...

Domínguez reúne á Xunta Directiva do PP de Pontevedra para facer balance de “un ano prometedor”

- Anuncio -spot_img

• O líder do PP de Pontevedra agradece que “cada vez se incorporen máis cidadáns ao partido e ao noso concepto político”

• Os populares sacan peito da primeira maioría absoluta de Alfonso Rueda, a xestión responsable da Deputación de Pontevedra e a vitoria nas eleccións europeas durante este 2024

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, convocou senllas reunións cos integrantes do Comité Executivo e da Xunta Directiva do PP local da cidade para facer balance de “un ano fantástico e prometedor” para todo o seu equipo.

O PP de Pontevedra gañou as tres citas electorais que se celebraron desde que Domínguez lograse dar o sorpasso nos comicios municipais do 28 de maio de 2023, cando quedou a 103 votos do concelleiro número 12 fronte aos 9 edís do BNG e os 5 do PSOE.

A vitoria na cidade do Lérez, sumada aos bos resultados cultivados pola formación azul no resto da provincia, permitiu ao PP recuperar a Deputación de Pontevedra despois de oito anos de xestión do bipartito.

Desde ese momento, e xa como vicepresidente da Deputación, ademais de como portavoz municipal do PP, Domínguez apelou á política do “sentidiño” e da “xestión responsable” do presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, para procurar mellorar a vida de todos os pontevedreses desde as súas competencias provinciais e como líder da oposición no Concello de Pontevedra.

“Notamos a ilusión de todos os membros do Comité Executivo e da Xunta Directiva polos éxitos electorais que obtivemos. A primeira maioría absoluta de Alfonso Rueda para seguir á fronte da Xunta de Galicia, o recuperar a Deputación de Pontevedra con Luis López ou o gañar as eleccións europeas é un voto de confianza enorme dos cidadáns, aos que responderemos con traballo, esixíndonos cada día máis”, afirmou Domínguez.

O líder dos populares da cidade expresou a súa felicidade polo desempeño dos 11 concelleiros da corporación municipal e agradeceu que “cada vez se incorporen máis cidadáns ao noso partido e concepto político”.

Publicacións Relacionadas