O presidente dos populares de Pontevedra, Rafa Domínguez, compareceu tras analizar, xunto ao seu equipo, o expediente da concesión da licenza de primeira ocupación da casa do alcalde, que viviu máis de 20 anos irregularmente
O punto once da licenza de obras recolle: A edificación non poderá ser ocupada en ningunha das súas plantas ata que as obras non estean terminadas, tendo que solicitar a licenza de primeira ocupación co certificado final das obras
“É inadmisible que, sabendo que a súa licenza de obra recolle a necesidade de ter licenza de primeira ocupación, Lores vivise sen ela e mentido. Mentiu aos xornalistas, ao Partido Popular e a Pontevedra. Debe dimitir inmediatamente”
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado da súa compañeira Pepa Pardo, compareceu este martes analizar os cabos soltos do expediente da vivenda de Lores, que viviu máis de 20 anos de maneira irregular, sen licenza de primeira ocupación. Esta un documento é esixido por unha ordenanza municipal que o propio Lores apoiou. Desde o Goberno local, como relatou Domínguez este martes, sucedéronse diferentes versións, todas elas apoiadas en que a licenza de primeira ocupación non era necesaria naquela época, o que se demostrou falso, despois do estudo do expediente.
“O ter acceso á o expediente cambiouno todo”, recoñeceu o popular. En particular, Domínguez centrouse no punto once da licenza de obras, que di o seguinte: “A edificación non poderá ser ocupada en ningunha das súas plantas ata que as obras estean completamente terminadas, tendo que solicitarse no devandito momento a este Concello a preceptiva licenza de primeira ocupación acompañado certificado de final de obras asinado polos directores da mesma e visado polos seus colexios oficiais correspondentes, procedéndose, con carácter previo ao seu outorgamento, á oportuna comprobación polos Servizos Municipais de Urbanismo.
O interesado, como suxeito pasivo do Imposto sobre Bens Inmobles, está obrigado a formalizar a correspondente declaración de Alta no prazo de dous meses contados a partir do seguinte día da data de terminación das obras, segundo dispón o art. 77 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais”.
“É inadmisible que, sabendo que a súa licenza de obra recolle isto, Lores mentise así. Lores mentiu descaradamente. Mentiulles a vostedes os xornalistas de forma groseira, mentiulle ao Partido Popular de moi mala forma e, sobre todo, mentiulles aos pontevedreses que teñen depositado a súa confianza nel. Non é admisible que o alcalde falte á verdade dese xeito. Díxeno no seu momento: o erro é aceptable, pero a mentira continuada e reiterada do BNG e de Lores é inadmisible. É a peor xestión dunha crise que vin xamais”, dixo Domínguez. Nesta liña, desde o BNG ata “se chegou a dicir que era toda unha mentira do PP e de Domínguez. Quedaron en evidencia”.
“Por mentir á prensa, por mentir ao PP, por mentir aos pontevedreses e por tentar dicir que o mentireiro era eu, entendemos que Lores debe dimitir inmediatamente das súas funcións de alcalde. Non só confírmase que tiña que pedir a licenza de primeira ocupación, non só viviu 20 anos nunha casa sen licenza de primeira ocupación, é que mentiu de forma reiterada a todos os pontevedreses. Por tanto, pídolle aquí e agora que pida desculpas a todos os pontevedreses por mentir e que dimita como alcalde de Pontevedra”.
“É moi duro oír a algunhas persoas dicir que eu minto para obter un rédito político. Aquí queda demostrado que o único que mentiu é Lores, e é por iso que pedimos que se vaia inmediatamente”, finalizou Domínguez.
Tras a comparecencia de Mosquera, Domínguez quixo aclarar que ten “todo en orde e axustado á máis estrita legalidade”.




