Mañá martes 6, a partir das 17 horas, reanudaráse o pleno ordinario que comezou o pasado mércores 31. A sesión será retomada no punto número 10 da orde do día. Exactamente no punto onde a sesión do mércores foi interrompida ao ordenar a alcaldesa un receso debido ao nivel de tensión que alcanzou. Como se pode verificar na gravación do Pleno que xa está cargado e dispoñible na Mediateca Municipal na páxina web do Concello.
Polo tanto, o pleno retomaráse co voto da proposta realizada pola mesa de contratación para adxudicar o novo contrato da piscina municipa. No debate previo foron anunciados 15 votos a favor (PSOE, BNG, PP e UDDL) e 2 votos contra (EU SON).
A esta sesión plenaria convocanse todos os concelleiros e concelleiras da Corporación agás a voceira de EU SON, Patricia Sío quen “foi expulsada do Pleno por verter insultos contra a alcaldesa e negarse, a pesar dos avisos, a retiralos”, dixo o a rexedora porriñesa.
Eva García expresou o seu desexo de que “estas situacións non se repitan”.




