HomePontevedraO CondadoÉxito de participación nas actividades do voluntariado sénior do concello de Ponteareas

Éxito de participación nas actividades do voluntariado sénior do concello de Ponteareas

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ponteareas destaca o éxito do obradoiro interxeracional que une persoas xordas e oíntes da comarca

A concellería de Xuventude do Concello de Ponteareas quere expresar o seu profundo agradecemento a todas as persoas que participan no programa de voluntariado sénior polo seu compromiso exemplar e pola súa valiosa contribución á vida comunitaria.

Cristian Montes, concelleiro de Xuventude, explica que Ponteareas acolleu neste 2025 unha iniciativa pioneira e profundamente enriquecedora: o obradoiro interxeracional “Voces  nas mans” que naceu co obxectivo de eliminar barreiras comunicativas e sociais, construíndo pontes reais entre persoas xordas e oíntes da comarca. Ao longo das sesións, persoas de diversas idades traballaron en conxunto, tecendo unha rede humana que fortalece os vínculos sociais e promove unha comunidade verdadeiramente inclusiva.

Esta actividade, organizada pola Oficina Municipal de Voluntariado dentro do programa de voluntariado sénior, contou co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude —que financiou parte do proxecto— e coa implicación dunha voluntaria xorda signante oralista, Ana; dun voluntario xordo sénior da comarca, José Luis; así como doutros voluntarios e voluntarias sénior interesados en aprender lingua de signos, estudantes de comunicación mediática e cidadanía en xeral. Todo isto, impulsado polo compromiso do Concello, liderado pola alcaldesa Nava Castro, fixo posible un proxecto que vai máis alá da sensibilización.

O obradoiro naceu cun propósito claro: construír un Ponteareas máis cohesionado, onde a diversidade lingüística e sensorial sexa entendida como unha riqueza colectiva e un valor para toda a comarca.

Adianta o edil que o éxito da iniciativa e a alta participación lograda abren a porta a futuras edicións. Xa están previstas reunións quincenais e novos proxectos continuos na vila, consolidando este espazo como punto de encontro para que todas e todos os ponteareáns se sintan parte dunha mesma rede social, baseada no respecto, a igualdade e a humanidade.

A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, salienta o importante traballo realizado pola Concellería de Xuventude e pola Oficina Municipal de Voluntariado “que dinamizan a vida social, xeran novas oportunidades de aprendizaxe, fomentan valores fundamentais para unha sociedade mellor e promoven a participación cidadá”.

Ponteareas acolleu neste 2025 unha iniciativa pioneira e emocionante, un obradoiro interxeracional deseñado para eliminar barreiras e crear pontes entre as persoas xordas e oíntes dá Comarca.

Persoas participantes de todas as idades traballaron xuntas, tecendo unha rede social e humana para crear lazos máis fortes, unindo experiencias e linguas, formando unha única comunidade inclusiva.

Esta iniciativa organizada pola oficina de voluntariado municipal, no seu programa de voluntariado senior, e grazas ao impulso da consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, que financiou parte do proxecto, dunha voluntaria xorda signante oralista -Ana-, un voluntario xordo senior da nosa comarca- José Luis- , máis outros voluntarios e voluntarias séniors que queren aprender a lingua de signos, estudantes de comunicación mediática, a ciudadanía en xeral eo impulso do Concello que lidera Nava Castro, buscou ir mais alá da mera sensibilización.

O propósito final , ambicioso e necesario, construíndo unha Ponteareas máis  cohesionada, onde a diversidade lingüística e sensorial sexa unha riqueza colectiva máis da nosa Comarca.

O éxito pola gran participación deste obradoiro, apoiado polo Concello de Ponteareas , abre as portas a futuras edicións.

Quedando previstas reunións quincenais e proxectos continuos na Vila, consolidando este espazo como un punto de partida para lograr que todas e todos os ponteareáns se sintan parte dunha mesma e única rede social, feita de respeto, igualdade e humanidade.

Publicacións Relacionadas