HomePontevedraFernández denuncia o atraso que provocan certos obstáculos en actuacións dos servizos...

Fernández denuncia o atraso que provocan certos obstáculos en actuacións dos servizos de emerxencias: “Perdemos minutos craves en situacións de urxencia”

- Anuncio -spot_img

Varios dos concelleiros do PP de Pontevedra, alertados polo cheiro a fume, comprobaron in situ a actuación dos servizos de emerxencias onte nunha farmacia próxima ao Concello, e foron testemuñas das dificultades do operativo

Os veciños recoñecían que a situación é repetitiva e leste é a única rúa pola que pode acceder o camión dos Bombeiros: “Debemos actualizar o Plan de Emerxencia Municipal, que se prometeu renovar en 2017 e segue sen avances”

Os bombeiros, tras tratar de retirar os bolardos durante máis de dez minutos, viron que era imposible pasar co camión, e tiveron que cargar a peso todo o material durante varios centos de metros: “Non queremos máis situacións así”

Varios dos concelleiros do Partido Popular de Pontevedra foron testemuñas das dificultades que tiveron que atallar os servizos de emerxencias para sufocar un lume en pleno centro da cidade e atender aos afectados nunha farmacia. O cheiro do incendio era perceptible desde o propio Concello, polo que os concelleiros desprazáronse ata a zona do incendio, e á altura da rúa Fernández Villaverde atopáronse ao camión dos bombeiros parado debido a que os bolardos coas letras “VILA” non lle deixaban avanzar.

O concelleiro Pablo Fernández, que se encarga da área de urbanismo e mobilidade dentro da formación popular, quixo denunciar o atraso que xera neste tipo de urxencias estes obstáculos situados en diferentes puntos da cidade. Onte, a intervención “por fortuna resultou satisfactoria, pese ao atraso de máis de dez minutos”: “Os bombeiros ao retirar os bolardos decatáronse que uns barrotes que saen do chan seguíanlle impedindo o paso. Tiveron que cargar con todo o material a peso, sen ningún tipo de axuda, varios centos de metros ata chegar ao lugar do suceso. Tivemos a sorte de que o incendio fóra de pequenas dimensións, porque se fóra de maior tamaño quizá hoxe tivésemos que lamentar un mal maior”, recoñeceu Fernández.

O problema, para Fernández, reside no un “obsoleto” Plan de Emerxencias Municipal, que data de 2007, e que se prometeu actualizar en 2017, pero que segue sen ningún tupo de avance. Neste documento recóllense os principais perigos que poden ameazar á cidade e describe os protocolos de actuación respecto diso, un deles, os incendios. Fernández insistiu en que este plan debe ser actualizado contar coas dificultades como a que onte atraso aos bombeiros e poñer unha solución, @teniendo en cuenta a opinión dos servizos de emerxencias.

Os efectivos despregados onte na zona recoñecían o presentar queixas formais sobre este tipo de dificultades que atrasan as súas intervencións diarias co que iso implica. É máis, non só nesta zona, tamén os servizos de emerxencias criticaron os bolardos da rúa Reina Vitoria ou os de Benito Corbal, que nos “fan perder minutos necesarios para salvar vidas”.

O concelleiro preguntará na seguinte comisión o motivo de tal atraso na actualización desta guía e dará inicio a unha serie de encontros cos corpos de bombeiros e Policía local para abordar esta problemática “antes de que unha desgraza maior poida pasar”.

Publicacións Relacionadas