HomePontevedraGago: “Si o BNG colaborase coa emenda do PP, hoxe estaríamos falando...

Gago: “Si o BNG colaborase coa emenda do PP, hoxe estaríamos falando de que xa non habería risco para miles de empresas e familias galegas”

- Anuncio -spot_img

• “Estivemos a piques de eliminar o artigo 18 da Lei, e salvar da retroactividade, inseguridade e da ameaza a todas as instalacións situadas na costa”.
• Considera fundamental contar cunha Lei de Cambio Climático, pero di que esta é inconstitucional nalgúns dos seus artigos e expulsa a moitas instalacións da costa.

O voceiro de Cambio Climático e Transición Ecolóxica do PP no Congreso, Diego Gago, lamenta que os grupos parlamentarios rexeitasen “pola mínima” unha das emendas que presentaron os populares para suprimir o artigo 18 da Lei de Cambio Climático, que pon en risco as concesións das instalacións asentadas no espazo de dominio público marítimo-terrestre.

“Estivemos a piques de eliminar o artigo 18 da Lei, e salvar da retroactividade, inseguridade e da ameaza a todas as instalacións situadas na costa. Si o BNG colaborase con esta emenda, e esforzado nas primeiras negociacións para conseguir apoio dos partidos independentistas ou nacionalistas, hoxe estaríamos falando de que xa non habería risco para miles de empresas e familias galegas”, explica Gago. Pero, “o BNG marchou pola súa conta e quedou só. Non obtivo nin un só apoio, mostra da nula influencia que ten en Madrid pero tamén de que sempre vai en contra dos intereses reais da nosa comunidade”, engade o deputado popular.

Para Gago a emenda dos nacionalistas excluía a moitas instalacións galegas que tamén están en risco polo artigo 18, pero ademais tampouco daba seguridade xurídica ao sector mar-industria porque non se definía con exactitude que empresas quedarían excluídas, pero ademais se estaría dando por bo un artigo que supón a modificación da Lei de Costas e con carácter retroactivo.
“É unha Lei claramente inconstitucional nalgúns dos seus artigos, e non só crea inseguridade xurídica senón que xa é unha ameaza que xa está expulsando a moitas empresas da nosa costa”, alerta Gago. “Pero a este Goberno dálles igual o que digan o consello de Estado, as asesorías xurídicas dos gobernos autonómicos, os empresarios, as asociacións… Dálles igual o que diga todo o mundo, seguen na súa folla de ruta ideolóxica para ameazar ás instalacións situadas na costa”, denuncia.

Nesta liña, recorda que “levamos un ano traballando nesta Lei, e os sectores, entidades e axentes que nos escoitaron saben perfectamente o que fixo o Goberno e o pouco diálogo que quixeron manter”.

Por iso amósase “preocupado e triste” polo futuro das empresas que están en mans “dunha Lei unilateral, que non conta con diálogo nin consenso”. Reivindica que que o obxectivo desta Lei debería ter sido “preservar o medio ambiente, crear emprego e riqueza, e ter un compromiso de cohesión territorial e social que garanta a igualdade de oportunidades, pero non está orientada nestes principios”. Entende que é unha oportunidade perdida que o Goberno non se esforce en chegar a acordos nunha lei “fundamental, transversal e clave para o desenvolvemento do noso país”.

Publicacións Relacionadas