HomeVigoNigránGalicia Suroeste realizará xunto ao Concello de Nigrán unha intervención de rexeneración...

Galicia Suroeste realizará xunto ao Concello de Nigrán unha intervención de rexeneración na Fonte da Ramallosa, no río Miñor

- Anuncio -spot_img

A colaboración entre a entidade e o Concello de Nigrán permitirán recuperar un espazo actualmente degradado, e mellorar os problemas de inundacións neste entorno.

A fonte e o antiguo lavadoiro de A Ramallosa no Río Miñor foi o lugar de encontro e de abastecemento de auga potable de moitas xeracións e esta rehabilitación, unida ao proxecto de rexeración de toda a Alameda, recuperá todo un gran espazo natural para a cidadanía” declara Juan González, alcalde de Nigrán

Galicia Suroeste mantense á espera das autorizacións solicitadas polo Concello de Nigrán para poder acometer as obras de rexeneración e mellora dos problemas de inundación no entorno da Ramallosa, no Concello de Nigrán.

O Concello e a entidade teñen colaborado estreitamente na redacción do proxecto desta intervención, que ademais de mellorar cuestións ambientais e estruturais da baixada á Fonte da Ramollosa, na marxe dereita da Foz do Miñor, tamén suporá unha mellora estética para este entorno de gran valor paisaxístico, recreativo e ecolóxico.

Esta mesma semana, o rexedor de Nigrán, Juan González realizou unha visita á zona de intervención acompañado pola Presidenta da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, e alcaldesa de Tomiño, Sandra González e o Representante Institucional do Xeodestino, e alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero.

O Concello ven de solicitar as autorizacións sectoriais necesarias para intervir neste espazo protexido pola Rede Natura 2000, e as obras serán acometidas tan pronto se teña o visto favorable das administracións implicadas.

No encontro ademais de intercambiar informacións sobre os avances do proxecto, que será financiado na súa totalidade a través do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino “A Despensa de Galicia”, financiado con Fondos da Unión Europea – Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation, Juan González puxo de manifesto o súa satisfacción por acadar que este proxecto se acometa en Nigrán, posto que o entorno da Foz do Miñor é un espazo de especial protección e inmenso valor que aporta ao Xeodestino un recurso natural e turístico único.

Concretamente a intervención consistirá na rehabilitación dunha zona do paseo marítimo, que ademais de garantir ás condicións de seguridade e conforto para as persoas usuarias, repercutirá nunha mellora estética que dará aínda máis valor ao entorno.

Contempla a desmontaxe da varanda de aceiro, a demolición do forxado de lousa e pavimentos existentes, o lavado e saneado dos muros e a retirada e recolocación do banco existente. Tamén se actuará a nivel superior coa remodelación do pavimento con materiais que permitan a visión da parte inferior onde se atopa a antiga fonte, cunha combinación de madeira, aceiro e cristal, e recolocación de baranda e banco que crearán un miradoiro agradable para todas as persoas usuarias deste espazo.

A maiores instalarase un sistema de balizamento con iluminación LED que axude a garantir a seguridade, utilizando diferentes cores de aviso para os momentos nos que o espazo sexa inundado polas mareas, e tamén se dotará un sistemas de drenaxes tanto para augas como para os depósitos de sedimentos e áridos.

Coa execución deste proxecto, Galicia Suroeste e os concellos avanzan para acadar un turismo máis sostible e respectuoso co medio, actuando en espazos de alto valor natural que constitúen un referente ecolóxico e paisaxístico que fan do territorio un destino turístico diversificado, que avoga pola desentacionalización e pola redistribución dos fluxos turísticos entre os 14 concellos que forman parte do Xeodestino.

Publicacións Relacionadas