Esta mañá, os concelleiros Hugo González e Mónica Viqueira, acudiron á inauguración do curso organizado polo Concello e Érguete para auxiliar de almacén, cun total de 200 horas, incluíndo as prácticas que se levarán a cabo no Banco de Alimentos de Pontevedra e no Porto de Marín, e que servirá para que as personas beneficiarias poidan traballar no sector da limpeza ou no de almacenaxe.
As clases serán de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas e participarán 12 persoas desempregadas que xa foron seleccionadas a través de Servizos Sociais.




