HomeBaixo MiñoA GuardaMáis de 300 ciclistas galegos e portugueses para o primeiro Gran Premio...

Máis de 300 ciclistas galegos e portugueses para o primeiro Gran Premio Ciclista ORPAGU

- Anuncio -spot_img
  • A proba está aberta a ciclistas desde os 4 anos ata maiores de 60

Máis de 300 ciclistas do e Galicia e do Norte de Portugal cítanse este sábado 26 no I Gran Premio Ciclista ORPAGU. A carreira, aberta a ciclistas desde os 4 anos ata maiores de 60, terá un percorrido urbano de 1,1km,  no que os ciclistas completarán distintas voltas en función da súa categoría.

Esta proba, promovida polo Team Oiense e patrocinada pola Organización de Palangreiros da Guarda (Orpagu), conta coa colaboración do Concello da Guarda e busca promover o deporte na sociedade.

“O obxectivo é construír unha cita anual que se converta en tradición, que unha xeracións e fomente a vida activa entre veciños e visitantes”, di Aser Estévez, concelleiro de Eventos Deportivos.

Esta nova competición, que se celebrará o sábado 26 de xullo, coincide coa Festa do Peixe Espada, que se celebrará na fin de semana en diferentes restaurantes guardeses.

Ademais dos tres equipos do club anfitrión, espérase a participación de corredores de toda Galicia e tamén do norte de Portugal, nun evento que aspira a consolidarse como referente do calendario ciclista popular galego.

A partir das 15:00h na zona da Sangriña poderemos ver disputar as diferentes categorías desde as promesas ata os másters, elite ou sub-23.

Publicacións Relacionadas