HomeVigoBaionaManuel Blanco Desar participa mañá no ciclo de conferencias “O Falar dás...

Manuel Blanco Desar participa mañá no ciclo de conferencias “O Falar dás Pedras” e na praza do Concello proxéctase “Zapatos Rojos ylos Siete Trolls”

- Anuncio -spot_img

Mañá a cita de “O Falar dás Pedras” é con Manuel Blanco Desar, autor de “Fuxir de Proxeria”, a súa última obra publicada en 2020, onde de forma novelada, expón a realidade e a problemática dunha sociedade en colapso demográfico. Un tema do que, como di o autor, todos escapamos pero no que estamos inmersos.

Daranos moito que reflexionar…

Este ciclo de conferencias está organizado desde o Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona. Iniciouse no ano 2019, sendo interrompidas no 2020 pola pandemia.
Este ano 2021 retómase a súa celebración e faise nunha nova localización, o novo edificio rehabilitado MULTIUSOS MERCADO DE SABARÍS (Benito Fariña, 3).

O ciclo, está formado por un corpus de presentacións de libros e charlas divulgativas como misión potenciar o patrimonio cultural e a actualidade editorial.

Ciclo de cinema na praza

O Ciclo de cinema na praza que forma parte da axenda cultural Baiverán 2021 continúa mañá coa proxección de “Zapatos Rojos y los Siete Trolls” na Praza do Conello de Baiona ás 23:00 h.

Publicacións Relacionadas