HomePontevedraMEDIDAS EFECTIVAS en relación co IBI, como resposta ás acusacións do Partido...

MEDIDAS EFECTIVAS en relación co IBI, como resposta ás acusacións do Partido Popular

- Anuncio -spot_img

O Partido Socialista de Salceda, ven de dar resposta ás distintas acusacións que o Partido Popular leva vertidas nas últimas semanas en relación coa postura do grupo socialista no procedemento simplificado do IBI.
Inciden en que o grupo socialista, como parte do goberno local actual, continúa coa posición e traxectoria levada acabo nos últimos anos, co que as acusacións sobre os cambios de posición son totalmente infundados.
Verónica Tourón , lembra que no procedemento levado a cabo por catastro no ano 2015 o PSOE xa solicitaba as medidas que agora se están poñendo en marcha dende o concello: a rebaixa do tipo impositivo, aprazamentos para que Catastro emita os recibos de forma escalonada, bonificacións nos terreos non edificables, bonificacións sociais ou o servizo de información á veciñanza. Co cal consideramos que o Partido Popular debe rectificar as súas acusacións cara o noso grupo, porque estamos facendo o que pedíamos naquel momento e o que debemos facer: xestionar e poñer solucións aos problemas da veciñanza ”.
Tamén lembran dende o grupo socialista que este é un procedemento irreversible, que en ningún momento foi solicitado nin iniciado polo concello e que ven avalado por unha modificación lexislativa do Partido Popular no ano 2015, co cal pídenlle ao Partido Popular “que deixe de sementar crispación e que arrimen a ombreira nun problema que foi creado polo seu propio partido e que preocupa as veciñas e veciños de Salceda”.
Recalca Verónica Tourón que dende o concello se traballou dende un primeiro momento na procura de solución para paliar os efectos deste procedemento, mentres que o grupo da oposición dedicouse a moldear a súa mensaxe adaptándoo aos avances de goberno municipal, de feito pasaron de solicitar unha paralización da revisión, cousa inviable, a solicitar cuestións que o equipo de goberno xa ten resoltas ou en estudio. Dedicáronse a ir creando incertidume e dando información incompleta, chegando a felicitarse e presumir dun traballo que realizou o equipo de goberno.
Os socialistas de Salceda consideran que o partido da oposición está actuando con total irresponsabilidade nun tema moi serio, cun discurso que so provoca enfrontamento e fai un chamamento a que traballen conxuntamente na procura de solucións e que deixen de colgarse medallas por un traballo que non están facendo eles, “a veciñanza merece seriedade e rigorosidade dun grupo que a veces esquece que pertence a corporación local e que mostra unha actitude moi afastada do que debe ser a representación institucional”.

Publicacións Relacionadas