HomeTabeirósCerdedo - CotobadeMedio Ambiente aproba a modificación urbanística que permite a creación dun aparcadoiro...

Medio Ambiente aproba a modificación urbanística que permite a creación dun aparcadoiro público en Cerdedo-Cotobade

- Anuncio -spot_img

Con este cambio, ás tres parcelas, clasificadas como solo urbano de núcleo rural e de propiedade municipal, aplicaráselles a ordenanza de equipamentos

A Xunta de Galicia acaba de informar favorablemente á modificación puntual número 3 das normas subsidiarias do Concello de Cerdedo-Cotobade, o que permitirá a implantación dun aparcadoiro público.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda trasladou esta semana á Administración local a Orde de aprobación definitiva pola que se cambia a cualificación de tres parcelas (clasificadas como solo urbano de núcleo rural) para aplicarlles a ordenanza de equipamentos.

As parcelas suman unha superficie total de case 2.600 metros cadrados e foron adquiridas polo Concello para a definición do devandito equipamento de uso e interese xeral.

Cómpre recordar que a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, dependente da Consellería, formulou o informe ambiental estratéxico desta modificación puntual e decidiu non sometela ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria.

Non obstante, para a tramitación desta iniciativa, impulsada polo Concello, foi necesario dispoñer dos informes sectoriais oportunos, tanto da Administración autonómica como da estatal; así como dar audiencia aos concellos limítrofes da Lama, Campo Lameiro, Forcarei, A Estrada, Ponte Caldelas e Pontevedra.

Publicacións Relacionadas