HomePontevedraO SalnésMontse Prado: “A prevención e asistencia ás persoas con adiccións ten que...

Montse Prado: “A prevención e asistencia ás persoas con adiccións ten que estar na carteira de servizos do SERGAS”

- Anuncio -spot_img

Precísase un Plan Galego de Atención ás drogo dependencias e Outras Adiccións, con dotación suficiente e impulsar o Observatorio Galego sobre Condutas Aditivas .

A actual Vicepresidenta 2ª do Parlamento Galego e candidata número 2 do BNG por Pontevedra nas eleccións en curso, Montse Prado, comparte a preocupación da Fundación Galega contra o Narcotráfico, considerando “prioritarias a prevención e educación para a saúde, de forma que se poidan fomentar os estilos de vida saudables en todos os ámbitos: escolar, familiar, laboral, sanitario e comunitario. A educación e sensibilización da poboación en conxunto debe ser impulsada dende as administracións, en contraste coa situación actual de ausencia xeneralizada de campañas preventivas”.

Asemade é fundamental incluír na carteira de servizos do SERGAS as funcións de prevención e atención ás persoas con dependencias das drogas e outras adiccións, mudando radicalmente a política actual da Xunta gobernada polo PP quen, fuxindo da súa responsabilidade, deixa en mans de entidades sociais e dos concellos esta fundamental labor. Nesa mesma dirección é imprescindíbel poñer a andar o Observatorio Galego sobre Condutas Aditivas que fornezan de datos para actuar no marco dun Plan Galego de Atención ás Drogo dependencias e Outras Adiccións, con dotación abondo para non ficar en papel.

No encontro da candidatura do BNG coa Fundación, tamén se abordaron outras consideracións relacionadas coa problemática da drogadiccións e outros hábitos que crean dependencias destrutivas, facilitando alternativamente espazos de lecer e unha programación lúdica de actividades que ofreza unha proposta atraínte á mocidade.

Publicacións Relacionadas