HomeVigoMosMos acondiciona os colexios de cara ao novo curso escolar

Mos acondiciona os colexios de cara ao novo curso escolar

- Anuncio -spot_img

O Concello de Mos está a executar durante estes días os traballos de acondicionamento e mellora nos centros escolares do municipio: CEIP Mestre Martínez Alonso, CEIP Peña de Francia, CEIP Atín, CEIP Mestre Valverde Mayo e CEIP de Petelos.

As actuacións inclúen labores de pintado de portas, lixado e pintado de varandas e portais, reparación de parques infantís, reparación de porterías, tarefas de roza e limpeza xeral, así como o acondicionamento das zonas axardinadas dos cinco colexios públicos do municipio.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación, Julia Loureiro, visitaron o CEIP Peña de Francia para supervisar a instalación dunha pérgola e a preparación da pista deportiva, dúas das melloras máis destacadas neste centro.

Pola súa banda, o CEIP Atín, este curso marcará tamén un fito coa estrea do novo ascensor financiado pola Xunta de Galicia, que mellorará a accesibilidade do centro, así como a reparación dos baños anexos á nova instalación.

Pola súa banda, no CEIP Petelos procedeuse á instalación dun porteiro automático para mellorar a seguridade de acceso e saída ao centro.

A alcaldesa Nidia Arévalo subliñou que “o compromiso do Concello de Mos coa comunidade educativa é absoluto e cada verán traballamos arreo para que os nosos nenos e nenas atopen en setembro uns colexios en perfecto estado para aprender e medrar felices”.

Publicacións Relacionadas