HomeVigoMosMos adianta a súa Cabalgata para evitar a choiva e, no seu...

Mos adianta a súa Cabalgata para evitar a choiva e, no seu lugar, choverán mañá na Avenida de Sanguiñeda preto de 1.000 quilos de caramelos

- Anuncio -spot_img

–          O Concello decidiu adiantar a mañá sábado, 4 de xaneiro, ás 17.00 horas, a Cabalgata de Reis, dadas as adversas condicións meteorolóxicas que as previsións avanzan para o domingo día 5.

–          O desfile contará con 8 carrozas: 5 de asociacións mosenses e 3 dos Reis Magos de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar.

–          Animación a cargo de Barafunda, espectáculos, música, Belén Vivinte, agasallos, caramelos e rondallas completarán unha tarde máxica de ilusión para a cativada.

O Concello de Mos adianta a mañá sábado, 4 de xaneiro, ás 17.00 horas, a Cabalgata de Reis pola Avenida de Sanguiñeda, dadas as adversas condicións meteorolóxicas que as previsións avanzan para o domingo día 5.

A Cabalgata de Mos constará dun total de 8 carrozas: 5 das asociacións veciñais e culturais do municipio e outras 3 das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente: Melchor, Gaspar e Baltasar. E durante a mesma repartirase preto dunha tonelada de caramelos. Ademais haberá animación a cargo de Barafunda Teatro.

A orde de participación no desfile comezará coa Rondalla de Herville, seguida do espectáculo de Harry Potter, a continuación desfilará a carroza da ANPA do CEIP Atín – Cela, logo dela a carroza do CRC de Torroso e de seguido o espectáculo Medusas. Continuará desfilando a carroza da Asociación de Festas Castro de Herville, a Rondalla de Torroso, e virá xa o primeiro dos Reis Magos: o Rei Melchor. Logo a ⁠carroza da Asociacion de Veciños Nosa Terra de Pereiras, a carroza da Asociación Cultural e Deportiva Santa Eulalia, a ⁠Rondalla Santa Eulalia, a carroza do Rei Gaspar, a ⁠carroza do Círculo Cultural Abrente, a carroza da Asociacion de Veciños de Petelos, a Rondalla de Guizán, o Rei Baltasar, a carroza da Asociación Recreativa e Cultural de Guizán e pecharán a comitiva os camións do Servizo Municipal de Emerxencias, GES e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos.

Os Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, irán acompañados nas súas carrozas por nenos e nenas da Asociación de Veciños San Rafael de Pereiras.

E como é xa tradición en Mos, a Cabalgata de Reis contará cun fermoso e espectacular Belén Vivinte que se atopará instalado na carpa e correrá a cargo da Asociación de Mulleres Rurais.

Publicacións Relacionadas