HomeVigoMosMos conmemora o Día contra o Cancro de Mama cun encontro coa...

Mos conmemora o Día contra o Cancro de Mama cun encontro coa Doutora Rosa Mallo e coa andaina ‘En marcha contra o cancro’

- Anuncio -spot_img

As inscricións para a andaina atópanse xa abertas na Piscina Municipal e Multiusos das Pozas

Con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama que se conmemora o vindeiro 19 de outubro, desde a concellería de Política Social do Concello de Mos, organízanse dúas actividades colectivas que se realizan en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro, AECC, Xunta Local de Mos.

Trátase da andaina ‘En marcha contra o cancro’ para todos os públicos, e para a que é precisa inscrición previa, na que se pode andar en solidariedade con esta boa causa. Terá saída e chegada ao Centro Social e Deportivo de Guizán. Celebrarase o domingo 20 de outubro ás 10.00 horas da mañá. A lonxitude total do percorrido é de 7 quilómetros.

O prezo por inscrición é de 5 euros e inclúe o dorsal de participación e unha bolsa de avituallamento. A formalización da inscrición pode realizarse dende xa na Piscina Municipal: 986 334 070, no Multiusos Das Pozas: 986 339 404 e noutros 3 teléfonos: 697 484 529/ 663 546 218/ 687 365 183.

As persoas interesadas en anotarse o mesmo día da proba poden facelo a partir das 09.00 horas.

Ao remate da proba farase un sorteo ao final co número do dorsal.

A outra actividade é unha Xornada polo Día Mundial contra o Cancro de Mama titulada ‘Hábitos saudables para previr o cancro de mama’ que será impartida pola coñecida doutora, Rosa Mallo Alonso, Responsable e Coordinadora da Unidade de Patoloxía de Mama da Área Sanitaria de Vigo, CHUVI. Impartirase no Auditorio do Pazo de Mos o venres 18 de outubro ás 20.00 horas con entrada libre ata completar aforo.

Rosa Mallo Alonso é Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese “Evolución de los métodos diagnósticos del cáncer de mama en el sur de galicia durante 35 años (1974-2008) 2009.”

A Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama outorgoulle o seu premio anual do ano 2015, como recoñecemento ao seu labor en investigación e á súa atención e preocupación polas pacientes. Tamén foi Viguesa do Ano en 2016.

Publicacións Relacionadas