A APP da Deputación, “Meu Concello”, actívase para a comunicación directa entre a cidadanía e a administración local
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Leo Costas, informan de que está dispoñible a APP Meu Concello. Deste xeito os veciños do municipio poden comunicar os danos e/ou as incidencias detectadas na localidade, ademáis de manterse ao día das novidades do Concello. A App serve para que a veciñanza poida comunicar ou denunciar posibles verquidos, desperfectos, danos detectados, etc. Tratarase dunha fiestra ou canle mediante a que manter a comunicación directa entre administración local e veciñanza e mellorar así o municipio, contribuíndo a lograr un Concello máis saudable e sustentanble; ao tempo que a cidadanía poderá recibir tamén información e noticias, de xeito que permaneza ao día da actualidade e novidades no municipio.
Para comezar a beneficiarse deste novo sistema, as persoas interesadas poden facelo en 5 sinxelos pasos: 1) descargar a APP Meu Concello desde Google Play ou APP Store de xeito completamente gratuito, 2) seleccionar o municipio, 3) seleccionar o tipo de dano a comunicar, 4) automáticamente a APP xeolocalízao no mapa, 5) achegar unha foto e un comentario. Inmediatamente a incidencia chega á persoa designada como responsable e desde ese mesmo intre comezan os trámites internos para solucionala e o/a veciño/a comunicante terá información en tempo real do estado no que se atopa.
Esta App Móbil está promovida e financiada pola Deputación de Pontevedra a través de Fondos Europeos e permite, como se dixo, á cidadanía comunicar en tempo real incidencias de todo tipo. Grazas a esta iniciativa impulsada pola Deputación os veciños do municipio poden beneficiarse das vantaxes que ofrece a APP Meu Concello. Este servizo serve como canle directa de comunicación dos danos que se detecten no municipio. A través desta canle directa de comunicación, os veciños poden poñer en coñecemento do Consistorio aqueles danos que detecten na súa localidade. Grazas a esta ferramenta de participación cidadá, o Concello pretende coñecer as necesidades do municipio e así poder dar solución ás cuestións comunicadas.
Para poder utilizar este novo servizo é necesario proceder á descarga da APP Meu Concello. Para iso, o usuario accede a Google Play ou APP Store en función da tecnoloxía empregada na súa Smartphone (Android/iOS). Unha vez localizada, leva a cabo a descarga de forma gratuíta. Posteriormente, o usuario selecciona o municipio sobre o que quere comunicar a incidencia. A partir deste intre, xa pode empezar a utilizar o servizo. O procedemento é moi rápido e sinxelo.
Para comunicar unha incidencia, basta con picar sobre o botón “Nova Incidencia”. Un despregable coas diferentes tipoloxías aparece en pantalla. O usuario selecciona aquela sobre a que quere comunicar. De forma automática, a APP detecta as coordenadas exactas nas que se sitúa o dano.
O seguinte paso é anexar foto da incidencia e observación sobre a mesma. Xa só queda dar ao botón de enviar. Unha vez enviada, persoal do Concello recibe notificación do dano comunicado. A partir deste intre, inícianse os trámites para dar solución á incidencia detectada. O cidadán á súa vez recibe notificación no seu teléfono móbil sempre que se produza un cambio no estado. Tamén pode facer seguimento da situación na que se atopa a mesma a través do botón de “Enviadas”.
Ademais de comunicar unha incidencia, o usuario pode acceder a información propia do municipio do mesmo xeito que aos puntos de interese do mesmo. A través do botón de “Noticias e Alertas” tamén estará informado en tempo real de todas as comunicacións que o Concello emita. Ao servizo Meu Concello tamén se pode acceder a través do dominio
https://mos.meuconcello.com. Basta con introducir unhas claves de acceso para así poder utilizar todas as funcionalidades que ofrece a ferramenta. O Concello de Mos anima aos cidadáns da localidade a utilizar a APP Meu Concello. A través da implantación desta canle directa de comunicación entre os veciños e o Concello, este pretende coñecer as necesidades reais do municipio para así poder atender as peticións dos seus veciños.




