HomeVigoMosMos inicia o proceso de selección de 5 novos traballadores/as dando continuidade...

Mos inicia o proceso de selección de 5 novos traballadores/as dando continuidade ás súas políticas proactivas de emprego

- Anuncio -spot_img

Neste caso a medida vai dirixida a reducir a taxa do paro entre as persoas en risco de exclusión e conta cunha axuda autonómica de máis de 62.000 euros

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Emprego, Julia Loureiro, o de Persoal, Leo Costas e a edil de Política Social, Sara Cebreiro, informan de que desde o Concello de Mos continúanse a desenvolver e impulsar políticas contra o desemprego no municipio, entre as que se atopan contratacións de persoal por parte da propia administración local, e, precisamente agora iníciase un novo proceso de selección dirixido a persoas que se atopen en risco de exclusión social.

Esta nova iniciativa é posible grazas ao apoio autonómico, xa que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración vén de concederlle ao Concello de Mo unha subvención de 62.527,95 euros para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga), co obxecto de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.

Estas axudas autonómicas están dirixidas as entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia e no caso de Mos as persoas contratadas entrarán a formar parte do “Programa de apoio a tarefas administrativas e de servizos do Concello de Mos”.

Os requisitos que deben cumprir as persoas a seleccionar e posteriormente contratar para traballar realizando servizos diversos durante 9 meses na administración local mosense son: ser persoas desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, así como dispoñibles para o emprego e ser persoas perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga).

Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección como no da formalización do contrato de traballo temporal coas cláusulas específicas para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral.

Publicacións Relacionadas