A corporacion mosense mostrou hoxe o seu orgullo na recepción aos futbolistas locais que tivo lugar ás 12:00 h no Multiusos das Pozas.
Os equipos de futbol base da Unión Deportiva MOS (CADETES) e do Club LOURO TAMEIGA (XUVENILES) foron homenaxeados polo seu ascenso a 1ª galega e polo seu ascenso a 1ª autonómica respectivamente.
Estiveron presentes, Nidia Arévalo, Alcaldesa de Mos; José Areal, Concelleiro de deportes; Concelleiros do equipo de Goberno local e Voceiros da corporación municipal.
Por parte da Federación Galega de Fútbol asistiu, Fernando Iglesias Figueroa, Vicepresidente da entidade, quen aplaudiu dito ascenso e felicitou a cada un dos rapaces homenaxeados.
Tamen estiveron presentes en dito acto, acompañando aos seus xogadores os presidentes da Union Deportiva MOS, Pablo Alonso Serodio e do Club Louro Tameiga, Patricio Farrapeira.
Os capitáns de cada equipo dedicaron unhas palabras aos seus compañeiros. Port parte do Club Louro, Anxo Resua. Por parte da Unión Deportiva Mos, Alex e Ricardo. Ambolos tres capitáns fixeron referencia ao outro club do municipio, dándolle os parabéns. Todos coincidiron en que máis aló das cores levan a Mos por bandeira.
Alcaldesa e Concelleiros, felicitáron aos deportistas e fixéronlle entrega duns agasaios como recordó de esta data. Quixeron así mesmo, valorar o esforzo dos mozos e poñer en valor a importancia de facer deporte, en concreto xogar ao futbol; este deporte que non só levanta paixóns entre quen o segue desde as bancadas, senón que ademá achega innumerables beneficios a quen se atreve a calzarse unha botas de fúbol e saír ao campo de xogo. A alcaldesa quixo agradecer tamén o traballo das directivas, e dos entrenadores que inculcan cada día o traballo en equipo, o respecto polas normas, o compañerismo, a tolerancia, o aprender a compartir, etc…
Así mesmo fixo mención ao papel tan importante dos pais e as nais, sen a súa colaboración e esforzo apostando por este deporte en equipo e colaborando para que os seus fillos acudan a cada adestramento e aos partidos de cada fin de semana non sería posible lograr devanditos resultados.




