HomeVigoMosMos recoñece o labor dos voluntarios que loitan contra a fenda dixital...

Mos recoñece o labor dos voluntarios que loitan contra a fenda dixital no rural

- Anuncio -spot_img

Dende a concellería de Emprego, Educación, e Participación Cidadá estase a organizar un acto homenaxe que terá lugar o día 9 de setembro na Axencia de Colocación mosense

O Concello de Mos, a través da súa Axencia de Colocación, está a traballar na organización dun acto de recoñecemento ao voluntariado dixital que se celebrará o vindeiro 9 de setembro. Durante o mesmo homenaxearase aos 4 voluntarios dixitais de Mos: Guadalupe Ordóñez, Mónica Suárez Rodríguez, Andoni Silva, e Xabier Rey; á Fundación Esplai pola súa colaboración co Concello de Mos neste senso, representada por Enrique Arnanz Villalta, Presidente do Patronato de Fundación Esplai; e ao apoio da Xunta de Galicia, que estará representada por Miguel Rodríguez, director da área de Sociedade Dixital da Axencia de Modernización Tecnolóxica da Xunta (Amtega).

Mención especial merecen Guadalupe Ordóñez e Mónica Suárez. A voluntaria Guadalupe Ordóñez fora xa premiada pola Fundación Esplai en decembro de 2021 como recoñecemento ao seu labor de voluntariado dixital. E pola súa banda tamén foi premiada a este respecto pola Fundación Esplai a voluntaria Mónica Suárez, recibindo o premio o pasado mes de xuño.

Ambas realizan un recoñecido labor de alfabetización dixital e mellora das competencias dixitáis para o Emprego.

Enrique Arnanz Villalta, Presidente do Patronato da Fundación Esplai (con ámbito de actividade estatal e Iberoamérica) é sociólogo e filósofo. Presidente de IC Iniciativas e Asesor para Políticas Sociais no Parlamento Europeo. O eixo transversal da súa vida profesional foi a preocupación polo desenvolvemento comunitario, o ámbito asociativo e das organizacións sociais en España e América Latina, con especial incidencia nalgúns escenarios de exclusión social. O Concello de Mos desde a Axencia de Colocación está desenvolvendo anualmentre co equipo da Fundación Esplai Vigo proxectos de insclusión dixital con nenos/as e maiores, entre eles o que se realizou este verán coa cativada mosense na Biblioteca Municipal María Magdalena.

Tanto a Fundación Esplai como a Xunta de Galicia colaboran neste ámbito co Concello de Mos prestando apoio para formación, equipamento informático, proxectos de inclusión dixital, selección de voluntarios/as dixitais e cobertura dos mesmos etc.

Con todas as actividades que dende o Concello de Mos se desenvolven co apoio d@s voluntari@s dixitáis, trabállase no municipio contra a fenda dixital no rural mediante a impartición de formación de adultos/maiores en Alfabetizacion informática, formación no uso eficiente do móbil, Formación Office e certificacións con validez e recoñecemento internacional, e integradas no Marco Europeo de Cualificacións: Microsoft Office Specialist (M.O.S.) e IC3 GS5 e CRI-TIC Curso de competencias Dixitáis para nenos/as de 9 a 13 anos como o que se impartiu este verán na Biblioteca Municipal María Magdalena.

Publicacións Relacionadas