HomeVigoMosMos retoma esta fin de semana a súa tradicional “Festa da Paella”

Mos retoma esta fin de semana a súa tradicional “Festa da Paella”

- Anuncio -spot_img

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, asistiu onte á presentación da programación da tradicional “Festa da Paella” organizada pola Asociación de Veciños Chan do Bosque, e que se celebrará esta fin de semana, os días 20 e 21 de setembro, cun amplo programa de actividades pensado para todas as idades.

A rexedora municipal destacou que esta xuntanza veciñal “é un claro exemplo da forza e da unión do tecido asociativo mosense, que mantén vivas as nosas tradicións e promove encontros de convivencia veciñal cheos de alegría, música e sabor”.

O sábado 20 de setembro abrirase a festa ás 17:00 horas cunha animación infantil con festa da escuma e xogos para os máis pequenos. Ás 20:00 h actuará a Charanga Sacacorchos e, a partir das 21:00 horas, celebrarase o apartado gastronómico coa elaboración de paellas, concurso de tortillas e entrega de premios. A xornada pechará ás 22:00 horas coas actuacións do Grupo de Acordeóns de Cans e o Grupo de Canto Amieiro, ademais dunha poxa de plantas.

O domingo 21 de setembro a programación arrincará ás 10:00 h coa misa en homenaxe aos defuntos da parroquia na Capela da Virxe das Angustias. Ás 10:45 h será a quenda do Grupo de Acordeóns da Banda Metropolitana, e a partir das 19:00 horas haberá actividades variadas no local social, con protagonismo para o grupo teatral “A Cividade”.

Nidia Arévalo quixo agradecer “o traballo e implicación da directiva da asociación veciñal de Chan do Bosque, que volve poñer en pé unha programación completa e diversa, que combina relixiosidade, tradición, cultura, gastronomía e moita diversión”.

A “Festa da Paella” conta coa colaboración do Concello de Mos e a Deputación de Pontevedra.

Publicacións Relacionadas