HomeVigoO PorriñoNas próximas semanas comenzan os traballos de extensión da rede de saneamento...

Nas próximas semanas comenzan os traballos de extensión da rede de saneamento para conectar 32 vivendas en Chenlo

- Anuncio -spot_img
  • Executanrase preto de 900 m de rede dando servizo a preto de 100 veciños e veciñas da parroquia

O Consorcio de Augas do Louro vén de adxudicar as obras de extensión da rede de saneamento na parroquia de Chenlo, que beneficiará a preto de 100 veciños e veciñas da parroquia.

En total, executaranse 876 m de tuberías e executaranse 40 pozos de rexistro de formigón, para conectar 32 vivendas.  Ademais, realizarase o recrecido de 13 arquetas existentes e 104 de cuneta de formigón.

A obra licitouse cun orzamento base de case 260.000 euros e xa foi adxudicada por 240.000 euros, polo que os traballos darán comezo nas próximas semanas.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Vías e Obras, Ramón Porto, visitaron a zona onde se levarán a cabo as obras reiterando que o compromiso do goberno local coa acometida do saneamento segue a ser firme e unha actuación prioritaria.

Publicacións Relacionadas