O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño continúa a dar pasos para converter o territorio nun polo de atracción turística. Alcaldes e alcaldesas e concelleiros e concelleiras dos 14 concellos que conforman o xeodestino reuníronse este mércores no Pazo de Mos para facer balance dos proxectos realizados no 2020, no que se seguiu traballando para crear novos produtos turísticos e artellar ferramentas clave para a interacción coas persoas visitantes.
O Camiño e a enogastronomía protagonizarán os produtos turísticos do xeodestino para este 2021.




