HomeVigoNigránNigrán coñecerá este domingo aos gañadores do concurso ‘Ollo con Nigrán’

Nigrán coñecerá este domingo aos gañadores do concurso ‘Ollo con Nigrán’

- Anuncio -spot_img

O premio, organizado por Teatro do Ar e SomosTerra en colaboración co Concello, pecha a súa terceira edición con 41 obras presentadas e con 1.300 euros en premios para gastar no comercio local

O xurado do premio ‘Ollo con Nigrán’, o certame que naceu hai 3 anos para potenciar a creación artística en lingua galega ao tempo que divulga a gran riqueza natural do municipio, decidiu onte nunha xuntanza os 14 finalistas desta edición. Os gañadores e gañadoras serán anunciados nunha gala que se organiza no Auditorio Municipal este domingo ás 19.00 horas, na que tamén se proxectarán os vídeos e fotografías gañadoras.

Nesta terceira edición do premio, que organizan Teatro do Ar e a Cooperativa SomosTerra dentro do Mes da Natureza en colaboración co Concello, houbo 41 pezas artísticas que entraron ao concurso. Delas o xurado decidiu premiar con algún dos premios a 11 persoas, entregas catro premios accésit. Ademais, hoxe tamén se deu a coñecer que o veciño de Panxón, Víctor Pérez, gañou o premio do público, valorado en 100 euros, co seu poema “Vivir no paraíso” e a súa foto da praia da Madorra.

O certame tamén ten o obxectivo de visibilizar e premiar o comercio local. Por iso, o domingo repartíranse 1.300 euros en vales para consumir nos comercios que se apuntaron nesta edición do certame.

As obras finalistas son na categoría Estelas (para nenos e nenas de Nigrán nada no ano 2013 ou posteriores) son: “Nigrán é máxico”, “A melodía da natureza”, “A estrela e o golfiño”, “Nigrán, o lugar onde vivimos” e “Os meus dous avós de Nigrán”. Na categoría Lourido (mozos e mozas de Nigrán nadas entre o ano 2007 e 2012) son: “Mar”, “Un paseo na actualidade de Monteferro” e “Quero volver ao mar”. Na categoría Monteferro (para persoas nadas antes do ano 2006) son “Non quero que se perda”, “Beleza que atrae”, “A timidez”, “Nigrán, terra que abraza”, “Na procura do silencio” e “Na praia de Nigrán”.

Unha ruta teatralizada polo futuro Parque Forestal dos Matos

A primeira das rutas teatralizadas do Mes da Natureza será tamén este domingo ás 11.00 horas no Parque Forestal dos Matos Río Táboas. As prazas esgotáronse ao pouco de saír e participarán case 40 persoas. 

Publicacións Relacionadas