Saídas graduadas tipo contrarreloxo, obrigatoriedade do uso da máscara, toma de temperatura a todos os participantes e limitación de aforo en todos os percorridos son algunhas das medidas anti- covid. As inscricións poderán realizarse ata o xoves 24 de xuño en Champion Chip Norte
O evento contará coas probas de 4.000, 2.700 e 800 metros, ademais dos dous percorridos infantís (50 e 150 metros) para nenos de entre 5 e 13 anos
Os nadadores do Náutico de Vigo, Miguel Martínez Novoa e Pablo Domínguez, parten como favoritos para gañar a proba reina. Na categoría feminina, Cristina García Marín, aspira ao seu cuarto título
A XI edición da Travesía a nado Costa Serena-Gran Premio Concello de Nigrán reunirá a 450 nadadores entre os cinco percorridos que se disputarán o 4 de xullo en Praia América o que supón un novo éxito de participación @teniendo en cuenta a situación actual. A travesía a nado estará marcada por un estrito protocolo sanitario para garantir a seguridade dos participantes, voluntarios e público asistente para evitar calquera tipo de contaxio. Contará coa presenza de nadadores de máis de 50 clubs de natación de 10 Comunidades autónomas (Galicia, Asturias, Aragón, Madrid, Cataluña, Canarias, Valenciana, Castela-León, Castela-A Mancha e País Vasco) e unha importante representación de nadadores portugueses con idades entre 5 e 71 anos.
Nesta edición, a participación das mulleres representa o 30% do total.
Esta mañá presentouse a travesía no Club Marítimo de Panxón e contou coa presenza do alcalde de Nigrán, Juan González Pérez; o concelleiro de Deportes, José Luis Sanromán; a Deputada provincial, Raquel Giráldez; a responsable de Comunicación de Coca-Cola
European Partners en Galicia, María Troncoso; Juan Carlos Álvarez, subdirector da oficina de Abanca en Nigrán; o presidente e o comodoro do Club Marítimo de Panxón, Gabriel Gómez Celaya e Alberto da Porca, respectivamente; Laura Pernas, responsable de Organización, Persoas e IT de Atunlo, e Beatriz Alvariño, da organización da travesía.2
A organización da travesía a nado destacou o gran esforzo de todo o equipo para levar adiante a proba de natación no segundo ano pandemia tendo que realizar unha serie de cambios co obxectivo de cumprir cos protocolos sanitarios e garantir a máxima seguridade dos participantes e público asistente, segundo apuntou en rolda de prensa Beatriz Alvariño. Na súa intervención agradeceu o apoio do Concello de Nigrán, patrocinadores ( Deputación de Pontevedra, Abanca, Gadis, Coca-Cola, Rodosa e Centro Comercial A Ramallosa), así como de todos os colaboradores, en especial o Club Marítimo de Panxón, onde se servirá un aperitivo a todos as participantes grazas ao patrocinio da empresa Atunlo cumprindo con todas as medidas hixiénico-sanitarias e de forma graduada. A representante da organización da Travesía a nado Costa Serena sinalou que, nesta edición, as inscricións das probas de 4.000 e 2.700 metros “esgotáronse moi pronto e só quedan dispoñibles 30 prazas nos percorridos de 800 e 50 metros. O ano pasado demostrouse que é posible organizar eventos cumprindo con todas as medidas de seguridade e esperamos que así continúe coa colaboración e implicación de todos os nadadores que, na pasada edición, tiveron un comportamento exemplar”, apuntou.
Entre as medidas que se aplicarán na travesía a nado para garantir a seguridade dos participantes está a limitación de aforo en cada un dos percorridos (100 para a proba de 800 metros, 110 nos 2.700 metros e 200 na de 4.000 metros). Nos percorridos infantís só se admiten 25 nenos para cada distancia (50 e 150 metros).
Do mesmo xeito que o ano pasado as saídas serán graduadas tipo contrarreloxo nos
percorridos de 800, 2.700 e 4.000 metros para evitar a aglomeración de participantes. O uso da máscara será obrigatorio para todos os nadadores ata segundos antes da saída,
que deberán depositarse nos contedores, así como o resto de residuos. Tamén será obrigatorio o seu uso na meta e durante a entrega de trofeos. Ademais, tomarase a
temperatura a todos os participantes antes de entrar na auga e delimitarase as zonas de saída, meta e pódium para garantir a distancia social entre os nadadores e o público
asistente.
Así mesmo, a entrega de bolsas seguirá un estrito protocolo e farase desde tres días antes da celebración da travesía. Os nadadores terán que acudir obrigatoriamente con máscara e desinfectarse as mans antes da súa recollida. Para a entrega de bolsas utilizaranse pantallas de metracrilato e colocarase sinalización para o cumprimento das medidas de seguridade. As bolsas poderán recollerse os días 1 e 2 de xullo na tenda Boyer Triathlon Vigo ( C/Manuel de Castro, 12) e o día anterior á proba nas instalacións deportivas Dunas de Gaifar, en Panxón, de 11:00 a 20:00 horas.3
Entre outras medidas de seguridade están a creación dunha fila única en meta para a chegada dos participantes, que deberán acceder andando, mantendo en todo momento a distancia interpersoal e sen poder correr. Ao saír da auga entregaráselles unha máscara,
que deberán colocarse inmediatamente. Ademais haberá máis espazo na zona de avituallamiento coa creación de dous corredores independentes por onde accederán os
nadadores para coller a bolsa de avituallamiento (auga e Powerade, plátanos e rosquillas) e
deberán abandonala inmediatamente para evitar a concentración de nadadores. Só se permitirá o acceso a esta zona a nadadores e persoal da organización.
Na saída, meta e a entrega de premios colocaranse varios puntos para a desinfección e hixiene de mans dos participantes.
Percorridos
Durante a travesía disputaranse tres probas de 4.000, 2.700 e 800 metros. Os tres
percorridos serán cronometrados por chip electrónico de Champion Chip Norte. O
percorrido longo, que estará limitado a 200 participantes, consistirá nun triángulo de 4
quilómetros con saída desde a canle principal de saída e entrada das embarcacións e a
chegada á beira do posto de Protección Civil de Panxón. Os nadadores deberán bordear a
baliza de Cabezo de San Juan, situada a 1,5 quilómetros de distancia, regresar cara á costa
polo lado sur da praia e percorrer o último quilómetro en paralelo ao areal.
Os nadadores do Real Club Náutico de Vigo, Pablo Domínguez e Miguel Martínez Novoa, parten como favoritos na proba de 4.000 metros cuns tempos de 45 e 46 minutos, respectivamente. Na categoría feminina, a nadadora do Club de Natación de Ponteareas, Cristina García Marín, aspira a conseguir o seu cuarto título.
O percorrido de 2.700 metros, cun máximo de 100 prazas, terá o mesmo punto de saída que a proba de 4.000 metros. Consistirá en ir ata a baliza de Cabezo de San Juan, bordeala e regresar ao momento de meta polo lado dereito.




