A Policía Local de Cuntis recibiu hoxe un novo vehículo. No acto de entrega estivo presente o deputado provincial de Centros de Investigación, Manuel González, xunto ao alcalde do municipio, Manuel Campos Velay.
O coche, un modelo DS 4, contou cunha achega de 15.000 euros por parte da Deputación de Pontevedra con cargo á Liña 1 do Plan Concellos. O Concello achegou outros 10.000 euros para a adaptación do vehículo.
A incorporación fai posible a renovación dunha parte fundamental do equipamento de traballo da Policía como é dispoñer dun coche patrulleiro actualizado, pois o anterior era moi antigo e sufría frecuentes avarías.




