Centos de persoas asinaron no primeiro día
Nunha mesa instalada na praza da Peregrina, o BNG comezou hoxe na comarca a campaña de recollida de sinaturas contra a estafa que supón a suba abusiva da tarifa eléctrica, nestes
momentos a máis alta da historia, que coincide, ademais cun contexto de crise sanitaria emeconómica como o que estamos a viver.
O deputado no Parlamento Galego, Luís Bará, salientou que esta situación “está beneficiando claramente ás empresas do oligopolio eléctrico. Temos a conta de resultados do ano 2020 no que ENDESA tivo 1394 millóns de beneficios e Iberdrola 3610, mentres se estaban producindo graves prexuizos á maioría social, ás persoas que están nunha situación de emerxencia enerxética e á pequena e mediana empresa”.
Esta situación, afirmou o deputado nacionalista é máis difícil de entender aínda nun país como Galiza que é excedentario na produción de enerxía e que exporta o 30% da que produce. Por este motivo o BNG considera necesario dar unha resposta contundente de denuncia desta situación, pero tamén de presentar alternativas e propostas.
Neste sentido Bará salientou catro medidas:
- Baixada do IVE na factura eléctrica, do actual 21% ao 4% (superreducido), igual que outros
servizos de primeira necesidade como o transporte e auga, e eliminación do imposto especial da electricidade. - Garantir a subministración eléctrica a toda a poboación, establecendo medidas para que non se lle poida cortar a luz a ningunha persoa sen recursos.
- Unha tarifa eléctrica galega que abarate a factura da luz para as galegas e galegos, en beneficio de consumidor@s particulares e das nosas empresas, de maneira que se compense o rol da Galiza como excedentaria na produción de enerxía eléctrica e o forte impacto social e ambiental derivado do seu papel produtor.
- Creación dunha empresa pública galega de enerxía, para que o sector publico galego, tamén
os Concellos, poidan ter unha participación directa no sector enerxético nun contexto no
que estamos de desenvolvemento das enerxías renovábeis, e facer que o actual boom eólico
teña criterios sociais, ambientais e repercuta positivamente no territorio. O deputado
nacionalista recalcou que isto é posíbel no marco europeu, porque existen varias empresas
públicas que están actuando en Galiza que son de capital chinés (Electricidade de Portugal),
italiano (ENDESA) ou noruegués (Statkraft).
En definitiva, concluíu Bará, o que se propón o BNG é “romper con esta situación na que os
prezos da electricidade e toda a regulación do sector eléctrico está feita ao ditado das grandes
empresas do oligopolio enerxético que son as que obteñen beneficios multimillonarios, e que
son as mesmas das portas xiratorias, e para que se regule o sector enerxético de tal xeito que se
beneficie á maioría social e que nos beneficie tamén ás galegas e galegos, ao ser o noso un país
excedentario na produción de enerxía




