HomeTabeirósCerdedo - CotobadeO BNG continúa cos actos informativos sobre os parques eólicos en Cerdedo-Cotobade

O BNG continúa cos actos informativos sobre os parques eólicos en Cerdedo-Cotobade

- Anuncio -spot_img

Terán lugar o venres 28 en Carballedo e o domingo 30 en Cerdedo

Dentro da intensa campaña informativa que está a levar o BNG en Cerdedo-Cotobade sobre os parques eólicos que afectan ao noso concello, esta fin de semana celebraremos dous novos actos públicos e unha reunión coas asociacións implicadas na loita contra un modelo espoliador dos nosos recursos.

Venres 28: A experiencia da Serra do Galiñeiro
Baixo o título “Serra do Galiñeiro: a experiencia dunha exitosa loita veciñal contra o espolio
depredador dos lobbys eólicos”, o venres 28 , ás 20.30 h. no Multiusos de Carballedo teremos a oportunidade de coñecer a experiencia dos veciños e veciñas de Vincios na súa exitosa loita contra a implantación dun parque eólico na Serra do Galiñeiro. Contaremos coa participación de José Taboada e Alberto Covelo, membros da comunidade de montes de Vincios, que estivo á fronte da loita

Domingo 30: Nin espolio nin depredación. Enerxía eólica sustentábel, xusta e galega
O domingo 30, ás 11 da mañá no auditorio de Cerdedo, o deputado do BNG no Parlamento
Galego, Luís Bará e o portavoz municipal, Ernesto Filgueira, reunirase cos colectivos que están en contra da instalación dos Parques eólicos previstos no Concello, e, a continuación, ás 12 da mañá participarán nunha charla-coloquio no mesmo auditorio, baixo o título “NIN ESPOLIO NIN DEPREDACIÓN. Enerxía eólica sustentábel, xusta e galega”.

En todos os actos garantirase o cumprimento das normas sanitarias en vigor.

Publicacións Relacionadas