HomePontevedraCaldasO BNG de Caldas seguirá a defender os intereses dos veciños e...

O BNG de Caldas seguirá a defender os intereses dos veciños e veciñas, a pesar das ameazas e agresións

- Anuncio -spot_img

O BNG recurrirá a sentenza, ao entender que a agresión a un representante público non pode ficar reducida a un delito leve

No día de hoxe celebrouse no xulgado nº 1 de Caldas de Reis a vista pola agresión sofrida polo portavoz municipal do BNG en Caldas de Reis, Manuel Fariña, por denunciar vertidos ilegais nos montes de Saiar.

Na vista, á que acudíu o responsábel comarcal do BNG, Demetrio Gómez, e o deputado Luís Bará, o agredido, Manuel Fariña, reafirmouse punto por punto na denuncia efectuada no seu día, mentres que o acusado ofreceu unha versión diferente, incurrindo en numerosas contradicións, tal e como quedou en evidencia, coa contundencia do parte de lesións e das gravacións realizadas no seu momento.

Con independencia do fallo xudicial, o BNG recurrirá a sentenza ao entender que non se pode xulgar por delito leve unha agresión a un cargo público en exercicio das súas funcións. Manu Fariña volveu incidir en que el e o BNG se deben aos veciños e veciñas de Caldas, e que ningunha ameaza ou agresións vai facer que muden co seu labor de defensa da veciñanza, do medio ambiente e da calidade de vida dos home e mulleres de Caldas de Reis.

Publicacións Relacionadas