HomePontevedraO SalnésO BNG de Vilanova de Arousa levará ao pleno unha moción relativa...

O BNG de Vilanova de Arousa levará ao pleno unha moción relativa á instalación dunha megafactoría pola empresa Altri

- Anuncio -spot_img

Carmela Alfonso critica o impacto medio ambiental e socioeconómico que conlevará este proxecto

Dentro da campaña que o BNG está a desenvolver por todos os concellos do país afectados pola instalación deste megaproxecto, o BNG de Vilanova levará ao pleno deste luns unha moción para que se acorde, por parte de todos os grupos municipais da corporación, o rexeitamento ao proxecto de construción dunha megafactoría de produción de pasta de celulosa no concello de Palas de Rei.

Para a nacionalista este proxecto supón un impacto negativo no conxunto do país e que afectará tamén á nosa ría e polo tanto a economía do concello de Vilanova se verá afectada considerablemente, poñendo en risco sectores produtivos como a pesca, o marisqueo e a acuicultura, dos que vive moitas familias.

Para a portavoz nacionalista, a instalación desta macrofactoría é unha aberración que atenta contra os recursos naturais do noso país e das actividades socioeconómicas, polo que instará ao concello de Vilanova a elaborar e presentar alegacións contra este proxecto e poñer a disposición da veciñanza modelos de alegacións.

Publicacións Relacionadas