O deputado nacionalista Luís Bará presentou unha batería de iniciativas parlamentares sobre a avalancha de parques eólicos en tramitación nos concellos de Cerdedo-Cotobade, Forcarei e A Estrada, que poñen en risco iniciativas singulares da comarca de Terra de Montes como a Rapa das Bestas, festa declarada de Interese Internacional, ou o Observatorio Astronómico de Forcarei.
O BNG solicita que se faga unha avaliación conxunta do impacto dos 11 parques e das infraestruturas asociadas, que se analice a incidencia na rede hídrica e nos augas superficiais e subterráneas, e que se estude o impacto económico no valor das terras, nos usos residenciais, no potencial turístico, no patrimonio natural e cultural e en actividades esenciais so sector agrogandeiro




